Viaxe gastronomica – CARCASSONNE – Gastronomic trip

Viaxe gastronómica a Carcassonne

Xa había tempo que non facía un artigo sobre unha viaxe gastronómica. Ás veces resulta complexo recomendar sitios porque aqueles que levas en mente non resultan como agardabas; mais desta vez, como xa repetía, xa tiña un chisco máis de idea. Coma case sempre, déixovos dúas propostas gastronómicas de prezos distintos para tódolos petos e tódolos padais 😉 Iso si, ámbalas dúas moi recomendábeis! Eu devezo pola cociña francesa e en Carcassonne pódense probar produtos moi variados e moi saborosos. Xa veredes! Non vos lío máis e imos ao tema!

Para comezar, dicirvos que o prato típico de Carcassonne é o cassoulet, un prato de fabas con carne de porco e de parrulo.


*Explicación do cassoulet polas rúas de Carcassonne

É un prato ben sabedeiro e pódese probar en case cada recuncho da cidade. Se ides no inverno, como foi o noso caso, entra de marabilla!

Non vos falarei moito de Carcassonne dende o punto de vista turístico porque neste blogue falamos de papar, mais si que vos recomendo que vaiades e gocedes das súas ruas, da sua historia e da súa beleza.

E agora, imos ao importante!

Restaurant La Marquière (Saint Jean, 13 – Cité de Carcassonne)

Comensais: 4
Hora: 13:00 (previa reserva)

As opcións de menú deste restaurante son as seguintes (por persoa e sen bebidas)
· entrante + prato: 34 euros
· prato + sobremesa: 34 euros
· entrante + prato + sobremesa: 45 euros

Decantámonos por un menú de entrante e máis prato. Xa vos contarei despois a razón.

Para petiscar (cortesía da casa) trouxéronnos unhas cebolas confitadas cun prebe algo picante e olivas típicas da rexión (moi saborosas e cunha forma ben orixinal!)

Para beber, auga e unhas cervexas artesás feitas en Carcassonne

Os primeiros pratos foron os seguintes

Foie con cebola acaramelada, vinagre de módena, figo confitado e caramelo de mazá verde ácida. Acompañado de pan torrado.

Salmón mariñado con lima, xenxibre e pementa de Sichuan.

Crema de cabaza estilo Capuccino con fungos negros.

Ensalada de lagosta, aguacate e prebe cocktail (suplemento 11 euros).

Os primeiros estaban de vicio! O foie (polo momento) un dos máis saborosos que probei nunca e o resto dos pratos, segundo comentaron os comensais, estaban deliciosos! Eu cateinos todos e teño que dicir que non sabería escoller, mais se hei de recomendar, recomendaría o foie, sobre todo por ser típico da gastronomía francesa. Como había 4 entrantes, aproveitamos para probalos todos e contarvos.

En canto aos segundos, estes foron…

A nosa cassoulet: fabas, xamón, salchichas de porco e parrulo.

Vieiras á grella con arroz venere e prebe de marisco.

Raviolis de foie gras con prebe de boletus e foie marcado na tixola

Estofado tradicional de porco bravo con patacas

Os segundos a verdade é que non decepcionaron a ninguén. Unha presentación impecable, uns ingredientes de calidade e un sabor incrible! Quen pode pedir máis? As carnes no seu punto e as vieiras crocantes por fóra e no seu punto por dentro. Por orixinal e típico, recomendaría, como non, o cassoulet e o porco bravo.

Prezo por persoa coas bebidas e cafés (acompañados destes pequenos doces): uns 40 euros


Pastas de amendoa, bombóns de chocolate e chuches de pexego.

Comentábamos antes que preferimos a opción sen sobremesa porque en Carcassonne hai crepes doces recheas en case, case tódalas tendas. E quen se resiste a unha crepe de Nutella? 🙂 E por se isto fora pouco, temos a pastelaría Bimas [Avenue Arthur Mullot, 7], un referente en pasteis e chocolates.

Crêperie Le Ble Noir (Rue de Verdun, 15 – no centro da cidade)

Comensais: 4
Hora: 20:00 (reserva previa obrigatoria, sempre está cheo!)

Estar en Francia e non tomar unhas crepes case é delito 🙂 Esta creperia é o exemplo perfecto de que unhas crepes ben feitas enchen o bandullo e fan feliz o corazón. A atención é inmellorable e a persoa que está ao frente ten moi boa man coa xente, e iso sempre é de agradecer. Tanto as galettes (crepes salgadas feitas con trigo mouro) como as crepes doces están boísimas!!! Se algunha vez volvo a Carcassonne por terceira vez, repetirei de novo.

Cervexas bretonas

Galettes

A Parisienne: champiñóns, xamón, queixo e crema.

A Marsinne: touciño, champiñons, cebola e crema

A Carcassonnaise: xamón de parrulo, queixo, moegas de parrulo e crema

A grenobloise: touciño, queixo raclette e xamón

As galettes van todas acompañadas dun ‘cunco’ feito de galette con leituga e prebe de mostaza.

Para non enredar moito, dicirvos que están todas de vicio!!! Quen me dera poder tomar unha agora 🙂

Crepes doces

Crepe Suzette: manteiga de laranxa e cointreau flamexado.

Crepe nougatine: xeado de turrón, améndoas, froitas e nata.

Crepe tatin: mazás acarameladas, barquillo crocante, froitas e crema.

Prezo por persoa: 20 euros

E se as salgadas están boas, que vos vou dicir eu das doces? Como podedes ver, as masas son moi distintas e casan moi ben cos produtos salgados e doces.

E estas son as dúas recomendacións gastronómicas de Carcassonne. Non perdades a oportunidade de ir e gozar deste sitio tan fermoso tamén gastronomicamente. Calquera outra dúbida que teñades, non dubidedes en enviar un correo a kukinhas@kukinhas.com

________________________________________________________

Gastronomic trip to Carcassonne

It’s been long since the last post about a gastronomic trip around the world. Sometimes it’s difficult to find a place to show you because those you have thought of may have not been as good as you expected. However, as this was my second time in Carcassonne, I knew where I was going and I was sure it would be good. As I usually do, I propose here two different options which offer different food and at a different price. I highly recommend both options and if you like the French cuisine as much as I do, you’ll fall for both. Let’s go!

The typical dish of Carcassonne is the cassoulet, a dish made with beans and duck and pork meat.


A sign explaining cassoulet in a street of the Cité

It’s a very tasty dish and you can almost taste it in every restaurant in the Cité. If you go in winter, as I did, is one of the best potions to heat you up.

I’m not telling you here all about Carcassonne from a cultural and touristic point of view because this is a gastronomic blog, but I just want to tell you that if you have the opportunity of travelling to Carcassonne, just do it! You will love every single street.

And now, let’s go into the matter!

Restaurant La Marquière (Saint Jean, 13 – Cité de Carcassonne)

At the table: 4
Time: 1:00 pm (previously booked)

This restaurant has the following menu options:

· Starter + Main Course: 34 euros
· Main Course + Dessert: 34 euros
· Starter + Main Course + Dessert: 45 euros

We asked for the first option: starter and main course.

As an appetizer (on the house) they brought glazed onions and olives typical from the region of Carcassonne (delicious and with a very different shape!)

To drink, water and 2 handcrafted beers from Carcassonne: Ciutat

These are the starters

Duck foie gras, mid-cooked with Muscat de St Jean, served with sweet onions and toasts.

Salmon filet (raw) marinated with lime, ginger and Sichuan pepper

Pumpkin cream cappuccino style with black mushrooms

Lobster Salad, avocado and cocktail sauce (€11 additional charge)

Starters were incredibly flavourful!!! Foie was out of this world! I tasted all the dishes to tell you all about it and they were all really good. If I have to recommend one, I would go for the foie, one of the best ones I’ve ever tried!

And these were the main dishes…

Carcassonne’s Cassoulet: Ham, loin and pork sausage, duck wing, and beans

Pan fried scallops, revered black rice and shellfish coulis

Foie gras raviolis with mushrooms sauce and escalope of pan fried foie gras

Young boar stew old style and small potatoes

Main dishes disappointed no one. Presentation was impeccable with high quality ingredients and, the best of all, its super delicious flavour! What else can we ask for? Meat was perfectly cooked and the scallops were crunchy on the outside and smooth on the inside. If I have to recommend, I would recommend the cassoulet (for obvious reasons) and the wild boar.

Price per person with drinks and coffees (with these sweets): around 40 euros


Almond cookies, chocolates and peach sweets.

If you feel like eating something sweet after lunch, you can have some stuffed crepes with Nutella or (almost) any other ingredient you may think of. And if you don’t have enough with this, you can go to the Bimas bakery [Avenue Arthur Mullot, 7], your eyes will shine looking at the beautiful (and delicious) chocolates and sweets.

Crêperie Le Ble Noir (Rue de Verdun, 15 – downtowne)

At the table: 4
Time: 8:00 pm (previously booked – it’s always full!)

in France, no matter what you do or don’t like, you have to try crepes!!! And this crêperie has the most delicious crepes I’ve ever tried!!! Attention is really good and the person in charge has always a smile on his face, which is something I really appreciate. Both savoury galettes (made with buckwheat flour) and sweet crepes are spectacular! If I ever come back to Carcassonne for a third time, I will definitely go back here.

Breton beers

Galettes

Parisienne: mushrooms, ham, cheese and cream

Marsinne: bacon, mushrooms, onion and cream

Carcassonnaise: duck ham, cheese, duck gizzard and cream

Grenobloise: bacon, raclette cheese and serrano ham

Galettes are served with a ‘cup’ made with a crunchy galette filled with lettuce and mustard sauce.

OMG! They’re so tasty!!!

Sweet crepes

Crepe Suzette: orange butter and cointreau flambe.

Crepe nougatine: nougat ice cream, almonds, fruits and whipped cream.

Crepe tatin: caramelized apples, crispy wafer, fruits and whipped cream.

Price per person: 20 euros

If galettes are delicious, what can I say about sweet crepes? They’re little pieces of heaven!

And these are my two recommendations to eat out in Carcassonne, if you have any doubt or you would like to know more info about it, just write me to kukinhas@kukinhas.com And don’t lose the opportunity to see, visit, explore, walk and taste Carcassonne.

2 thoughts on “Viaxe gastronomica – CARCASSONNE – Gastronomic trip

  1. Qué boa pinta! Encántame a comida francesa e as galettes! Cando fun a París a nosa dieta basouse case exclusivamente a galettes e tartas jajajaj.
    Qué post mais apetecible, dan ganas de ir coñecer Carcassonne 😀

    1. Graciñas Eva!!! Cando estaba escribindo o artigo, xa me estaban entrando ganas de comelas de novo 😀 Entón tes que ir a Carcassonne e probar estas, estou segura de que che encantarían! 🙂

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *