Club Sandwich

Club Sandwich

club sandwich

Facer un sandwich cando un non sabe moi ben que preparar é todo un clásico. É un deses pratos para sair do apuro, que enchen ben o bandullo e saben de medo, para que negalo. O Club Sandwich é un deses sandwiches míticos de hai unha chea de anos, con ingredientes variados que combinados fan que este sandwich sexa uns dos máis saborosos que probei na miña vida! As posibles orixes desta receita son múltiples, mais o importante é que, fora quen fora a persoa que deu con esta receita, pode estar ben orgullosa. Abofé que si! Algúns dos ingredientes poden variar dependendo do sitio onde o preparen, mais os que aquí vos propoño danlle ao sanwich un sabor do melloriño que hai! Imos aló!!!

Ingredientes para 2 sanwiches:

– unhas follas de leituga
– 1 tomate xeitoso
– 6 tiras de touciño
– 2 filetes de peitugas de polo
– 2 porcións de queixo
– 1 aguacate
– 6 rebandas de pan de molde (este era con sementes)
– manteiga
– maionesa

Preparación paso a paso:

1. Lavamos as follas de leituga, cortamos o tomate en rodelas, fritimos (sen aceite) o touciño ata que estea douradiño, fritimos as peitugas de polo ata que estean torradiñas e cortamos o aguacate en tiras.

club sandwich

2. Untamos as rebandas de pan con manteiga e torrámolas nunha tixola.

club sandwich

3. E despois só nos queda montar o sandwich. Untamos a primeira rebanda con maionesa e poñemos a leituga, o tomate e o touciño.

club sandwich

4. Voltamos poñer outra rebanda untada con maionesa e engadimos o polo, o queixo e o aguacate. Tapando de novo coa última rebanda untada con maionesa (deixando a parte torrada por riba para que quede ben chulo!). E listo!

club sandwich

A dicir verdade, nunha semana xa o preparamos dúas veces porque está taaan bo que é imposible resistirse. Non é que sexa moi saudábel, mais de cando en cando paga ben a pena facer este pequeno esforzo e darlle unha oportunidade a pratos coma este. Ademais, a presentación non pode quedar máis chula. Se o cortades en 4 pequenos trianguliños pode ser un petisco polo que todos devecerán na cea de Nadal. Para acompañar, nada mellor que unhas pataquiñas fritidas ou uns nachos con queixo ou guacamole. Bo proveito!

___________________________________________________

Club Sandwich

club sandwich

When you don’t know what to prepare, one of the dishes which immediately comes to your mind is the sandwich! They taste really good, there are a LOT of combinations and your belly ends up full, which is veeery important. The Club sandwich is actually a very famous sandwich and the theories about its origin are multiple. Howveer, let me tell you something, no matter what the origin of the sandwich is, the thing is that it is delicious and it has become one of my favourite sandwiches ever! Ingredients may vary depending on who prepares it, but this is the best version 😉 Let’s go!

Ingredients for 2 sanwiches:

– some lettuce leaves
– 1 beautiful tomato
– 6 bacon strips
– 2 think chicken breasts
– 2 slices of cheese
– 1 avocado
– 6 slices of tin loaf
– butter
– mayo

Step by step preparation:

1. Wash lettuce leaves, cut tomato in slices, fry bacon (without oil), fry chicken until golden brown and cut avocado into strips.

club sandwich

2. Butter bread and toast it on a an or in a toaster.

club sandwich

3. Then, we just have to build our sandwich. First, spread mayo on a slice of bread and place lettuce, tomato and bacon.

club sandwich

4. Spread mayo over another toast and place chicken, cheese and avocado. Cover with another slice with mayo. And that’s it!

club sandwich

To be honest, we’ve already prepared it twice this week! And that can only mean one thing: this sandwich is irresistible!!! It is not a very healthy option, but if we do an exception in our healthy way of life, please, let this sandwich be the reason of that break! Besides, its presentation is so beautiful, you can even cut it into small triangles and use it as a Christmas appetizer. People will absolutely love it! And what about some chips or nachos to it with! Best dinner EVER!!! Enjoy!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *