Filloas recheas / Stuffed filloas

Filloas recheas

filloas recheas

Estes días de chuvia son moi malos para min porque non teño máis que antollo de comer filloas…si, é pensar en frío e chuvia e querer facer filloas. E é que non se pode negar que quenta ben o corpo tanto facelas como comelas, especialmente se se ten a sorte de poder facelas na cociña de leña, todo hai que dicilo. A min gústanme de tódalas maneiras, especialmente con rixóns. E, sobre todo, recén feitas. Conmigo o murico de filloas non dura nada, porque vou facendo e papando. E cando acabo de facelas sempre fago algunha rechea. Como son moi toliña polo sushi, decidín preparar estas así, con esta forma, mais iso xa vos digo que tanto ten. O mellor é enchelas do que máis vos guste e papalas como máis vos apeteza. O queixiño quédalle moi ben porque se derrete e iso é puro vicio!!! Imos aló!

Ingredientes:

– filloas caseiras (receita aquí)
– crema de queixo
– xamón cocido
– xamón serrano
– queixo cremoso
– ourego

Preparación paso a paso:

1. Colocamos sobre a filloas o queixo, o xamón cocido e o xamón serrano. (Tamén fixen outra con crema de queixo untada na filloa e xamón cocido).

filloas recheas

2. Tapamos con outra filloa por riba para que quede ben gordiño o roliño.

filloas recheas

3. Enrolamos e cortamos anaquiños como se fixeramos sushi. Esparexemos ourego por riba e listo!

filloas recheas

Outra maneira de facelas e botar os ingredientes directamente na tixola despois de darlles a volta e pechalas en trianguliño ou á metade. A min gústame moito a combinación xamón, queixo e ourego e recórdame ao sabor da pizza 😉 E como recomendación de sobremesa, unhas filloas con moito mel…mmm…están boísimas!!! Como aínda me quedan algunhas filloas, vou facer unha con mel, que me entrou o antollo ao escribirvos 😀 Bo proveito!!!

____________________________________________________

Stuffed filloas

filloas recheas

When it’s cold and rainy, I just feel like staying at home preparing filloas and, of course, eating them! It’s something my brain immediately associates. If you have ever prepared them, you know it’s one of the most delicious ways to heat it up, by both preparing and eating them 😉 And if you’re lucky enough to make them in a wood-burning stove, those filloas are a piece of heaven! I love filloas in every single way, especially fresh made! If I’m not the one in charge, I’m always next to the cook to take them as soon as they come out of the pan 😛 As I’m a confessed sushi lover, I made these filloas look like sushi (and yes, I had them with chopsticks!). Try different ingredients, filloas will match with every ingredient you can imagine. Cheese is always a good one, for sure! Let’s go!

Ingredients:

– homemade filloas (recipe here)
– cream cheese
– boiled ham
– serrano ham
– cheese slices
– oregano

Step by step preparation:

1. Place ingredients over one filloa: cheese, boiled han and serrano ham, or cream cheese and boiled ham.

filloas recheas

2. Cover with another filloa so we get a pretty thick roll.

filloas recheas

3. Roll the filloas and cut like sushi. Sprinkle some oregano and that’s it!

filloas recheas

If you want it hotter, add ingredients over the filloa while still on the pan and then, close them in a triangle shape or in half. I love the ham, cheese, oregano combiantion because it reminds me of pizza 😉 And if you want a recommendation for a dessert, try them with honey, superb!!! Now that I’m writing about it, I’m going to go and have some with honey 😀 Enjoy!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *