Biscoito de noces / Nuts sponge cake

Biscoito de noces

biscoito de noces

Este biscoito de noces tráeme moitos recordos. Cando era máis pequerrecha e ía á casa da miña avoa, de cando en cando atopábaa á voltas coas noces para facer un biscoito. E que biscoito máis saboroso! A receita é a receita tradicional que sempre se fixo na miña casa, mais engadindo un vasiño de noces de picadas. Desta vez, como tiña máis froitos secos que noces, fixen unha combinación, mais xa sabedes, probade con aqueles froitos secos que tedes pola casa ou que máis vos gusten. Imos aló!

Ingredientes:

– 5 ovos
– 1 vaso de azucre
– 1 vaso de fariña
– 1 sobriño de fermento químico
– 1/2 vaso de aceite de xirasol
– 1 vaso de noces, noces de macadamia e anacardos

biscoito de noces

Preparación paso a paso:

1. Separamos as claras das xemas e batemos as claras a punto de neve cun chisquiño de sal.

2. Engadimos o azucre e as xemas e batemos de novo.

biscoito de noces

3. Xirgamos a fariña e o fermento e engadimos con moito tino para que non baixen as claras.

4. Picamos os froitos secos e engadímolos xunto co aceite, mesturando todo ben de novo.

biscoito de noces

5. Co forno xa quente, enfornamos a 175ºC durante uns 35 minutos, dependendo do forno e do molde. Para saber se está, o truquiño de sempre, picamos cun escarvadentes e se sae seco é que xa está no seu punto. E listo!

biscoito de noces

Os biscoitos son a lambonada que máis me gusta preparar, e é que papar un anaco de biscoito caseiro pola mañá fai que o día sexa moito máis levadeiro. Ademais, este biscoito de noces aportaranos aínda máis enerxía. E se o facían as avoas, non hai maior proba de calidade, non si? 🙂 Eu téñoo claro, as próximas sopas de leite van ir ben completas con este incrible biscoito! Bo proveito!!!

_____________________________________________________

Nuts sponge cake

biscoito de noces

This sponge cake brings my memories back to when I was young. When I was little and I visited my grandma, I often found her cracking walnuts to prepare a sponge cake. And how delicious it was!!! The recipe of the cake is the traditional one we always did at home, but adding a cup of finely chopped walnuts. This time, and as I had different nuts at home, I used a variety of nuts but, as usual, you can use those nuts you have around or you like more. Let’s go!

Ingredients:

– 5 eggs
– 1 cup sugar
– 1 cup flour
– 1 sachet of baking powder
– 1/2 cup sunflower oil
– 1 cup finely chopped walnuts, macadamia nuts and cashews

biscoito de noces

Step by step preparation:

1. Separate yolks and whites and whisk whites with a pinch of salt.

2. Add sugar and yolks and whisk again.

biscoito de noces

3. Sift flour and baking powder and mix really slowly so whites won’t go down.

4. Chop or process nuts in a food processor and add it together with oil, mixing all again.

biscoito de noces

5. With a pre-heated oven at 175ºC/350ºF, bake the cake for around 35 minutes, depending on the oven and the mould. You can always check it by inserting a toothpick in the middle of the cake, if it comes out clean, it means the cake is ready. And that’s it!

biscoito de noces

Sponge cakes are one of my favourite sweet treats! It is always a real pleasure to have a homemade cake in the very morning ready to eat. Even Mondays are not so bad 😉 Besides, we all know how grandmas’ cakes taste like, they are the best cakes we can find in the whole world!!! 😀 Enjoy!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.