Filloas recheas / Stuffed filloas

Filloas recheas

filloas recheas

Estes días de chuvia son moi malos para min porque non teño máis que antollo de comer filloas…si, é pensar en frío e chuvia e querer facer filloas. E é que non se pode negar que quenta ben o corpo tanto facelas como comelas, especialmente se se ten a sorte de poder facelas na cociña de leña, todo hai que dicilo. A min gústanme de tódalas maneiras, especialmente con rixóns. E, sobre todo, recén feitas. Conmigo o murico de filloas non dura nada, porque vou facendo e papando. E cando acabo de facelas sempre fago algunha rechea. Como son moi toliña polo sushi, decidín preparar estas así, con esta forma, mais iso xa vos digo que tanto ten. O mellor é enchelas do que máis vos guste e papalas como máis vos apeteza. O queixiño quédalle moi ben porque se derrete e iso é puro vicio!!! Imos aló! Continue reading “Filloas recheas / Stuffed filloas”

Canelóns de berenxena / Aubergine rolls

Canelóns de berenxena

canelóns de berenxena

Aínda que xa estamos recollendo as últimas berenxenas da horta, este ano non nos podemos queixar, pois aínda che duraron ben. A min encántanme, e como proba, non se precisa máis que unha ollada rápida aos milleiros de receitas de berenxenas que hai no blogue. Desta vez, uns canelóns ben rápidos e sinxelos, que ademais campan que rabean e saben de medo! Non é preciso nin gratinalos nin levalos ao forno! Iso si, se lles queredes engadir queixo relado e poñelo a dourar, de seguro que o agradece 😉 Imos aló! Continue reading “Canelóns de berenxena / Aubergine rolls”

Torta de millo de Guitiriz / Guitiriz corn cake

Torta de millo de Guitiriz

torta de millo

Levo uns días que non penso máis que en facer biscoitos para o almorzo…de feito, hoxe pola mañán fixen un combinado de tres biscoitos, xD! Esta torta de millo é pura delicia! En Guitiriz fana dentro dunha pota, cun vasiño e unha pedra no medio para que quede co buratiño, como é tradicional. Así, a torta queda moito maís húmida e esponxosa. Como non temos unha infraestructura tan chula coma a de Guitiriz, fixemos un truquiño de outra maneira para que quedara incriblemente saborosa e suave! Para facer a torta, procurade buscar unha fariña milla o maís munda posíbel para que a textura quede perfecta! Imos aló! Continue reading “Torta de millo de Guitiriz / Guitiriz corn cake”

Biscoito de noces / Nuts sponge cake

Biscoito de noces

biscoito de noces

Este biscoito de noces tráeme moitos recordos. Cando era máis pequerrecha e ía á casa da miña avoa, de cando en cando atopábaa á voltas coas noces para facer un biscoito. E que biscoito máis saboroso! A receita é a receita tradicional que sempre se fixo na miña casa, mais engadindo un vasiño de noces de picadas. Desta vez, como tiña máis froitos secos que noces, fixen unha combinación, mais xa sabedes, probade con aqueles froitos secos que tedes pola casa ou que máis vos gusten. Imos aló! Continue reading “Biscoito de noces / Nuts sponge cake”

Wok de verduras / Veggies stir-fry

Wok de verduras

wok de verduras

Moitas veces pásanos que cando imos comer fóra, probamos as verduras e sábennos de medo e despois chegamos á casa e semella que sempre nos saben iguais. E cal é o segredo para ese sabor tan incrible que teñen as verduriñas nos restaurantes? Pois son varios pequenos truquiños que, ademais, fan que a verduras conserven tódolos seus nutrientes. Non vos fago agardar máis e imos aló! Continue reading “Wok de verduras / Veggies stir-fry”

Fish & Chips

Fish & Chips

Fish & Chips

E aquí estamos de novo cunha receita típica británica e que todos asociamos coa gastronomía do Reino Unido. O Fish & Chips é un prato moi sinxelo e que campa moi ben. Eu a primeira vez que o vin (e probei!) foi en Escocia e estábano vendendo nunha furgoneta xunto con hamburguesas con patacas. E a segunda foi en Londres nun típico pub inglés. En canto o probas, entra a curiosidade sobre cal será o ingrediente segredo ou o truquiño para que quede un rebozado tan crocante por fóra, brandiño por dentro e que faga que o peixe quede tan suave e cheo de sabor. Pois hoxe, descubrirédelo! Iso si, este Fish & Chips leva un toque galego que lle dá moi bo sabor e moita personalidade 😉 Imos aló! Continue reading “Fish & Chips”