Momias de Samaín / Hot dog mummies

Momias de Samaín

momias de Samaín

Despois de dúas receitas tradicionais do Día de Tódolos Santos, hoxe toca unha receita máis moderna, divertida e pola que devecerá a cativada. De seguro que se apuntan tanto a facelas como a comelas. E o certo é que non me estraña nadiña. Cantos anos sen comer salchichas! Xa nin recordaba como sabían. Non sei a vós, pero na miña casa eran un produto bastante vetado 😀 Xa sei que non son nada saudábeis, mais unha vez ao ano, polo Samaín, ben podemos facer un pequeno sacrificio, va que si? E o riquiñas que quedan? Non me digades que non quedan de medo 🙂 E ademais, fanse nun plis! Imos aló!

Ingredientes para 5 momias:

– 1/2 masa de follado
– 5 salchichas
– mostaza, maionesa ou ketchup

Preparación paso a paso:

1. Cortamos a masa de follado en tiriñas.

momias de Samaín

2. E imos envolvendo as salchichas procurando darlles forma de momia e deixando un oco máis ou menos na parte superior para despois facerlles os olliños.

momias de Samaín

3. Enfornamos a 190ºC ata que vexamos que o follado colle unha lixeira cor dourada.

momias de Samaín

4. Sacámolas do forno e pintámoslles os ollos coa axuda dun escarvadentes mollado en mostaza (ou no prebe que teñades a man). E listo!

Xa vedes que máis sinxela non pode ser! Catro pasos e tres ingredientes! Animádevos a preparala e xa veredes que ademais o sabor acompaña. Se xa vos poñedes en modo lambón, podedes mollar as momias en ketchup sanguinario 😉 Mais xa vos digo que non lle compre ningún adorno máis, así como saen do forno, están de vicio! Agardo polas vosos terroríficas fotos!!! E bo proveito 😉

________________________________________________

Hot dog mummies

momias de Samaín

After two traditional recipes, it was about time of writing a more modern and funny one. Besides, if you have kids around, they’ll absolutely love the recipe and the result and you will have a lot of hands to work in the kitchen. You won’t need much time and if a few steps the result is so cute and yummy!!! I know it’s not a healthy recipe, but once in a while and as we celebrate Halloween, we can do an exception, can’t we? And they look so good! If you’re preparing a Halloween party, these mummies should definitely be there! So, no more talking and let’s go!

Ingredients for 5 mummies:

– 1/2 sheet puff pastry
– 5 hot dogs
– moustard, mayo or ketchup

Step by sstep preparation:

1. Cut puff pastry into thin strips.

momias de Samaín

2. And wrap the hot dogs giving them a mummy shape. Leave some space at the top so you can later put the mummy eyes.

momias de Samaín

3. Bake at 190ºC/375ºF until the mummies get a beautiful golden colour.

momias de Samaín

4. Take them out of the oven and using a toothpick and some mustard (or any other sauce) draw the mummies’ eyes. And that’s it!

As you can see, this recipe cannot be much simpler! Just 3 ingredients and 4 basic steps and you’ll have the cutest and most delicious hot dog mummies ever! If you want, you can dip them in ‘bloody’ ketchup 😛 But actually, there’s no need as their flavour is soo good!!! I hope you like the recipe and you can send me your creepy pictures!!! Enjoy! 😉

2 thoughts on “Momias de Samaín / Hot dog mummies

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *