Solombiños estilo Quebec / Quebec-style tenderloin

Solombiños estilo Quebec

solombiños

Como xa vos ensinei a moitos de vós polas redes sociais, tiven a sorte de recibir como agasallo un libro precioso de receitas do Quebec. Cheo de ilustracións, imaxes fermosas do Quebec, e, ademais, en francés! En canto lle botei un ollo ás receitas, xa houbo unha que me namorou e que sabía que sería das primeiras en aparecer no blogue. E aquí está. Aínda que a receita orixinal era con porco bravo, podedes empregar, como fixen eu, calquera outra carne tenriña que teñades a man. Para min, solombo, raxo ou redondo quedarían perfectos con este prebe. Nótase na gastronomía do Quebes a marabillosa influencia da cociña francesa. Un pracer para tódolos sentidos. Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– 6 filetiños de solombo con sal e pementa
– 1 cullerada de aceite de oliva
– 50 gramos de manteiga
– 2 cebolas
– uns 300 gramos de champiñóns
– 100 ml de viño branco
– 250 ml de caldo de carne*
– 2 culleradas de mostaza
– sal e pementa

*O caldo de carne pode ser caseiro, ou ben unha pastilla ou unha cullerada desfeita en 250 ml de auga.

Preparación paso a paso:

1. Nunha tixola, derretemos a manteiga e o aceite de oliva e a continuación pasamos os filetes a lume medio para que se torren un chisco polos dous lados. Reservamos.

solombiños

2. Na mesma tixola, engadimos a cebola e os champiñóns cortados en anacos pequenos. Engadimos o viño branco e deixamos que reduza durante uns minutos.

solombiños

3. Engadimos o caldo e deixamos que ferva durante 10 minutos.

solombiños

4. Voltamos poñer os solombiños.

solombiños

5. Engadimos sal, pementa e as dúas culleradas de mostaza. Mesturamos ben e deixamos que os solombiños se fagan neste prebe durante uns minutiños, dependendo de como vos guste o punto da carne. E listo!

solombiños

O prebe é saborosísimo!!! De verdade vos digo que paga moitísimo a pena probalo. Ademais, como ben podedes comprobar, todo a receita se fai na mesma tixola, polo que non teremos que emporcar moito na cociña, que sempre é algo que se agradece. É un prato ideal para cando temos convidados, pois ao estar a carne no prebe, sempre a podedes deixar a lume moi baixiño ou darlle un fervor rápido e estará sempre no seu punto. Para acompañalo, o ideal serían unhas pataquiñas ou arroz para poder aproveitar ben o prebe que queda, ou ben unhas verduriñas á grella e un bo anaco de pan para mollar 😉
Bo proveito!!!

___________________________________________________

Quebec-style tenderloin

solombiños

As you may have seen on Facebook, I’ve been veeery lucky lately and I got a cookbook from Quebec as a present! The book is really beautiful, pictures are amazing (of both recipes and lanscapes) and recipes are just declicious. As soon as I sarted to leaf through the pages of this wonderful book, I knew I’ll be doing this recipe very soon just to show it to you!!! 🙂 And here it is. The original recipe was meant to be done with wild boar, I did it with beef, and you can do it as well with pork. I think strong-flavour meat matches better with the sauce, but you can as well try with chicken or turkey. The sauce is so delicious that you will eat it by spoonfuls 😉 The truth is that French influence on Quebec cuisine is highly noticeable and I love that!!! The perfect pleasure for all senses. Let’s go!

Ingredients for 2:

– 6 tenderloin steaks with salt and pepper
– 1 tbsp olive oil
– 50 gr butter
– 2 onions
– around 300 gr mushrooms
– 100 ml white wine
– 250 ml meat stock*
– 2 tbsp mustard
– salt and pepper

*The stock can be homemade or you can use concentrated stock and dissolve it in 250 ml water.

Step by step preparation:

1. In a pan, melt butter and add olive oil. Then, fry the steaks for some minutes at a medium-high temperature until golden brown on both sides. Keep for later.

solombiños

2. In the same pan, fry chopped onion and mushrooms. Add white wine.

solombiños

3. Add the stock and simmer for 10 minutes.

solombiños

4. Place steaks again in the pan.

solombiños

5. Add salt, pepper and mustard. Mix all well and cook tenderloin slices for some minutes, depending on how you like the meat. And that’s it!

solombiños

This sauce is so delicious!!! Please, follow my advice and have some bread or potatoes around, you’ll need them to dip them in the sauce. And if you want to have a spoon as well, you’ll use it for sure! 🙂 One of the best things of this recipe is that we will only be using a pan! The recipe is quick and simple! I used common mushrooms, but now that we’re in mushrooms season, you can try with any other mushroom that you like. Next time, I think I will try it with rice as well, I’m sure this sauce will make one of the best rice dishes ever!!!
Enjoy!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *