Ósos de santo

Ósos de santo

ósos de santo

Aínda quedan uns días para o Samaín (31 de outubro) e o Día de Tódolos Santos (1 novembro), mais para ir abrindo boca, que mellor que uns ósos de santo. E así, poñendo a receita con tempo, non tedes desculpa ningunha para non preparala, pois xa podedes ir mercando os ingredientes con tempo 🙂 Esta sobremesa tradicional galega sempre estaba presente nas paparotas de tódolos santos na casa dos meus avós. Este ano, pensando receitas para estes días de festa, acordeime desta receita e preguntei na casa por ela. Así, maxicamente, e escrita nun anaco de papel (adoro as receitas que pasan así duns a outros!) apareceu esta marabillosa receita de ósos de santo. Dende aquí, moitísimas grazas a todas aquelas persoas que fan que as receitas tradicionais galegas teñan cabida neste blogue. Imos aló!

Ingredientes:

– 500 gramos de fariña
– 2 ovos
– 5 culleradas de leite
– 4 culleradas de aceite de xirasol
– 5 culleradas de azucre
– 1/2 sobre de fermento químico
– reladura dun limón
– azucre en po

Preparación paso a paso:

1. Mesturamos tódolos ingredientes.

ósos de santo

2. E amasamos ata formar un boliño. Se vedes que a masa está moi seca ou moi húmida, engadide máis ou menos fariña, ou aceite e leite.

ósos de santo

3. Imos amasando pequenos anacos de masa e dámoslle forma de tiriña (duns 7 a 10 cm).

ósos de santo

4. Despois, facemos un corte nun dos extremos e separámolo para darlle forma de óso. Algo así >—-< 🙂 ósos de santo

5. Facemos o mesmo polo outro lado.

ósos de santo

6. Fritímolos en abundante aceite quente ata que estean ben douradiños e esparexemos azucre en po por riba. E listo!

ósos de santo

Recén feitos é como están máis ricos, mais aínda aguantan uns días sabendo de morte 😉 Mollados no leite, de sobremesa, á merenda ou para petiscar, estes ósiños non han tardar moito en desaparecer. E se andan os picariños pola casa, de seguro que vos botan unha man para enfariñarse de arriba a abaixo e amasar con tódalas súas forzas. Bo proveito!!!

__________________________________________________________

Ósos de santo

ósos de santo

This recipe, ósos de santo, which literally means saint’s bones, is one of the most delicious and typical Galician recipes of Halloween (Samhain) in Galiza. I know there’s still time to go until Halloween, but I thought about telling you all about this recipe so you have all the ingredients ready and no excuses not to prepare it! This dessert was always present on Halloween at my grandparents’ house when I was a child, and so this year I decided to ask the person who prepared them for the recipe, and she gently gave it to me. So, the only thing I can do is to thank all the people around me who always make it possible for me to post all these delicious, homemade and traditional recipes. THANK YOU ALL! Let’s go!

Ingredients:

– 500 gr plain flour
– 2 eggs
– 5 tbsp milk
– 4 tbsp sunflower oil
– 5 tbsp sugar
– 1/2 sachet baking powder (8 gr)
– 1 lemon zest
– powdered sugar

Step by step preparation:

1. Mix all ingredients.

ósos de santo

2. Knead and form a dough ball. If you see that the dough is either too dry or too humid, add more flour, milk or oil.

ósos de santo

3. Knead small pieces of dough and roll them into strips of around 7 to 10 cm long and 2 or 3 cm wide.

ósos de santo

4. Then, make a cut with a knife at one of its sides, giving it a bone shape, like that: >—< 🙂 ósos de santo

5. And that same to the other side.

ósos de santo

6. Deep fry until golden brown and sprinkle some powdered sugar on top. And that’s it!

ósos de santo

Either hot or cold, these saint’s bones are delicious! 😉 You can soak them in milk, eat as a dessert or just to have a snack. But be careful! They won’t last long! And if you have kids around, they will absolutely help you in the kitchen, though they may en up all covered in flour, tasting the dough and kneading with all their energy! Enjoy!!!

2 thoughts on “Ósos de santo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *