Roliños contrasol / Rainbow pinwheels

Roliños contrasol

roliños de contrasol

Non sabía moi ben como chamarlle a estes roliños, mais vendo as cores e o seu nome en inglés, o mellor que lle quedaba era contrasol, que non deixa de ser o arco da vella. Vendo como locen, non pode haber un nome que lle acaia mellor, non si? A receita é ben sinxela e ideal para facer un prato moi saudábel e ben nutritivo, con moitas verduriñas e ademais infinitas combinacións. O mellor destes roliños é que para facelos podemos empregar verduras de tempada para que estean sempre no seu mellor punto. Aquí vos deixo unha das versións que fixen estes días, mais xa sabedes, a cuestión é probar e probar ata atinar coa combinación que máis vos guste. Imos aló!

Ingredientes para 2:

– 1 pemento vermello en tiras
– 1 pemento amarelo en tiras
– leituga
– champiñóns á grella
– brotes de col lombarda (ou cenoria en tiriñas)
– 2 tortillas (masa para roliños)
– crema de queixo
– ourego (opcional)

Preparación paso a paso:

1. Untamos a tortilla con crema de queixo ata que quede ben cuberta e engadimos ourego ou algunha especia.

roliños de contrasol

2. Imos colocando as tiras de pemento, a leituga, os champis e os brotes.

roliños de contrasol

3. E enrolamos apretando ben formando un roliño (estilo sushi).

4. A continuación, cortamos unhas rodelas e listo!

roliños de contrasol

Nos ingredienets, puxen tamén cenoria, porque aínda que desta vez empreguei os brotes, tamén probei con cenoria e quédalle moooi ben! Se non vos gusta moito a crema de queixo, tamén podedes facelo con prebe de tomate, maionesa ou pesto. Xa sabedes que as froitas e as verduras aportan distintos nutrientes segundo a súa cor, e é por iso que estes roliños contrasol son, non só moi coloridos e apetecíbeis, senón moi nutritivos e saudábeis. Ademais, que sinxelos son de levar na fiambreira para comer no traballo, facer un picnic ou levar de excursión. Xa me contaredes como facedes as vosas versións! bo proveito!!!

_____________________________________________________________

Rainbow pinwheels

roliños de contrasol

Rainbow pinwheels are one of the best recipes EVER! Delicious, nutritious, colourful, healthy, quick, simple… They’ve got it all! The best thing is that you can make multiple combinations, using those veggies in season or those you like more. And kids will absolutely love them! And if you have them around at cooking time, they can give you a hand and help in the kitchen. This is one of the versions that I’ve made, but you can of course change ingredients and make your own pinwheels. Let’s go!

Ingredients for 2:

– 1 red bell pepper strips
– 1 yellow bell pepper strips
– lettuce
– grilled common mushrooms
– red cabbage sprouts (or carrot strips)
– 2 tortilla wraps
– cheese cream
– oregano (optional)

Step by step preparation:

1. Spread cheese cream over the tortilla and sprinkle some oregano.

roliños de contrasol

2. Place veggies strips, lettuce, mushrooms and sprouts.

roliños de contrasol

3. Then, roll the wrap.

4. Cut slices and that’s it!

roliños de contrasol

I’ve just added carrot strips to the ingredients list, even though I haven’t used them this time, because I’ve tried them before and they’re super delicious! You can also use any other sauce, apart from cheese cream, such as marinara sauce, mayo or pesto. As you know, veggies nutrients depend as well on their colour, so these rainbow pinwheels will provide you with lots of nutrients, apart from being flavourful and healthy. Besides, you can take them to work, on a picnic or on a trip! Try as many combinations as you want and tell me all about it! Enjoy!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *