Biscoito de laranxa / Orange sponge cake

Biscoito de laranxa

biscoito de laranxa

Chegas de traballar, deixas as cousas onde podes, pos as zapatillas e cando estás chegando á cociña, asoma un arrecendo a laranxa que esperta tódolos sentidos lambóns (que son algo así como o sentido arácnido). Que pracer! E o mellor de todo é que desta vaime tocar só papalo e non ter que facelo 🙂 E en canto o probei pensei en vós. Este biscoito vai para o blogue! E aquí está. As cantidades e as medidas son da vella escola, nin gramos nin nada, vasos e culleradas. E que bos están os biscoitos así!!!

Ingredientes:

– 3 ovos
– 1 vaso de azucre
– 4 culleradas de iogur
– 1 vaso de fariña
– 1 sobre de fermento químico
– o zume dunha laranxa
– a reladura dunha laranxa
– 1/2 vaso de aceite de xirasol

Preparación paso a paso:

1. Separamos as claras das xemas e batemos as claras a punto de neve.

biscoito de laranxa

2. Engadimos o azucre e batemos.

biscoito de laranxa

3. Engadimos as xemas e o iogur e seguimos a bater.

biscoito de laranxa

4. Mesturamos a fariña e o fermento, xirgamos e engadimos.

5. E por último botamos o zume de laranxa, a reladura e o aceite. Batemos todo ben.

biscoito de laranxa

6. Untamos o molde con manteiga e vertemos a masa.

biscoito de laranxa

7. Enfornamos a 180 graos co ventilador durante uns 35 minutos. Despois, apagamos o forno e deixamos o biscoito dentro durante 8 minutos máis. E listo!

biscoito de laranxa

Como é un biscoito moi esponxoso, agardade a que arrefríe para desmoldalo e que quede perfecto. O sabor a laranxa é moi intenso e moi doce e a súa textura é húmida e suave. A min conquistoume totalmente e de seguro que pasará a ser unha desas receitas que non pararedes de facer. Aguanta varios días fóra da neveira e conserva a súa suavidade como o primeiro día, ata incluso diría que vai a mellor 😉 Eu xa repetín, e vós? Bo proveito!

_________________________________________

Orange sponge cake

biscoito de laranxa

You come home from work, leave all your stuff wherever you find a spot and when you’re approaching the kitchen, a sweet and lovely orange smell wakes up all your sweet senses. And the best thing is that you’re not going to prepare it this time, just eat and enjoy! And if all this happens in a day in which you have not been at your best, it gets even better! What a sweet pleasure! After the first bite along came my first thought: I have to put this recipe up on the blog. And here it is! Measurements are old school, just cups and tablespoons, but the best cakes are like this, aren’t they? Let’s go dears!

Ingredients:

– 3 eggs
– 1 cup sugar
– 4 tbsp plain yoghurt
– 1 cup flour
– 1 sachet baking powder
– 1 orange juice
– 1 orange zest
– 1/2 cup sunflower oil

Step by step preparation:

1. Separate whites from yolks and beat the whites until they form stiff peaks.

biscoito de laranxa

2. Add sugar and beat some more.

biscoito de laranxa

3. Mix in yolks and yoghurt.

biscoito de laranxa

4. Sift flour and mix it in.

5. And last, orange juice, zest and oil. Whisk until all integrated.

biscoito de laranxa

6. Spread butter on baking mould and pour the batter.

biscoito de laranxa

7. Bake at 180ºC/375ºF with fan on for arounf 35 minutes. Then, turn the oven off and let the cake cook inside for around 8 minutes more. And that’s it!

biscoito de laranxa

As it is a very spongy cake, let it cool completely before removing it from the mould if you want it to look perfect! The flavour is sweet and intense, and its texture wet and smooth. I completely fell for it and I’m sure that as soon as you try it, you will be doing it once and again. I did it twice in…a week? 😀 You can keep it for days out of the kitchen and it will be soft as the first, I even think it gets better along the days. If I were you, I wouldn’t lose a minute! Enjoy!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *