Torta de cabaciña / Zucchini pie

Torta de cabaciña

torta de cabaciña

Xa comezou o outono e as cabaciñas xa comezan a dar os seus últimos froitos. Agora cambiamos de estación e os produtos van variando, máis na horta, mentres no marche o soliño e non veña o frío, seguimos tendo unhas fermosas cabaciñas. Desta vez, facemos unha torta de cabaciña con ingredientes ben sinxelos e cun sabor que vos recordará ao da pizza, mais iso si, moito máis saudábel! Imos aló!

Ingredientes para 4 persoas:

– 1 ou 2 cabaciñas (segundo o tamaño)
– prebe de tomate
– atún en aceite de oliva
– 4 ovos
– ourego e queixo en po

Preparación paso a paso:

1. Cortamos as cabaciñas en rodelas, poñémolas nun molde para forno e cubrímolas co prebe de tomate.

torta de cabaciña

2. Facemos outra capa de atún e engadimos os ovos batidos.

torta de cabaciña

3. Facemos outra capa con rodelas de cabaciñas, prebe de tomate e atún. Cubrimos cunhas fermosas rodelas de cabaciña, vertemos 2 ovos batidos e engadimos ourego e queixo en po.

torta de cabaciña

4. Enfornamos uns 45 minutos a 180ºC ou ata que a cabaciña estea brandiña e o queixo ou o ovo torradiño por riba. E listo!

Se queredes facer esta torta máis grande, só tendes que ir facendo capas e capas de cabaciña, tomate, atún e ovo. E, coma sempre, a receita admite moitísimas variacións e pódense combinar moitos ingredientes. Non probei con berenxena, mais dáme no nariz que quedaría tamén moi ben! Bo proveito!

_____________________________________________

Zucchini pie

torta de cabaciña

Ingredients for 4:

– 1 or 2 zucchinis
– marinara sauce
– canned tuna
– 4 eggs
– oregano and cheese powder

Step by step preparation:

1. Cut zucchini in slices, place them over a baking mould and add marinara sauce until they’re all covered.

torta de cabaciña

2. Add a layer of tuna and the 2 beaten eggs.

torta de cabaciña

3. We repeat the zucchini, marinara and tuna layers. We add more zucchini slices and we cover all with two more beaten eggs. Sprinkle some oregano and cheese powder.

torta de cabaciña

4. Bake the pie for around 45 minutes at 180ºC/375ºF or until zucchini is soft and egg/cheese is golden brown on top. And that’s it!

If you want to make this pie bigger, just make more zucchini, marinara, tuna, and egg layers. And, as it always happens with this kind of recipes, you can switch ingredients! All veggies, some meat…I haven’t tried with eggplants, but I get the feeling that it’ll be super delicious! Enjoy!

1 thought on “Torta de cabaciña / Zucchini pie

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *