Faláfel con prebe de iogur / Falafel with yoghurt sauce

Faláfel con prebe de iogur

faláfel

Xa había tempo fixera unha receita de faláfel (alá polo 2013 – faláfel ao curry), mais tiña moita gana de volvela poñer cambiando un chisco os ingredientes, agora que xa me volvín algo máis experta na cociña 🙂 Como novidade, empregamos un dos ingredientes máis de moda, ademais de herbas aromáticas como o coandro e a menta, que lle dan un toque exótico e fresco. Para acompañar, un prebe moi saboroso, saudábel e rápido, un prebe de iogur que vai de marabilla para darlle un toque fresco ao faláfel. Imos aló!

Xa hai curiosidade por saber cal é o ingrediente de moda, non? Pois nada máis e nada menos que a cúrcuma, unha especia que podemos ver agora en múltiples receitas e á que se lle atribúen propiedades beneficiosas para o estómago ou o fígado. Esta especia xa a temos probado no curry e tamén se emprega para tinguir de cor amarela tanto comida como teas. Así de amarelos quedaron os falafel pola súa culpa 😉

Ingredientes para uns 12 faláfeis:

– 200 gramos de garavanzos
– sal ao gusto
– 1 culleradiña de cúrcuma moída
– follas de coandro fresco
– follas de menta fresca
– 1 allo
– 1 cebola pequena

Ingredientes para o prebe de iogur:

– 2 iogures naturais sen azucre
– 1 cullerada de aceite de oliva virxe extra
– follas de menta fresca
– pementa e sal
– 1 allo

Preparación paso a paso:

1. Deixamos os garavanzos a remollo (do día anterior, ou ben da mañán á noite).

2. Nunha picadora ou coa batedora, mesturamos tódolos ingredientes: os garavanzos sen auga, sal, cúrcuma, coandro, menta, allo e cebola.

faláfel

3. Cando xa teñamos a masa de garavanzos lista, deixamos que repouse media hora, formamos boliñas, aplanámolas e fritímolas na tixola cunha ou 2 culleradas de aceite. Cando xa estean douradas polos dous lados, xa están listas.

faláfel

**Coa concentración de fritilas, esquecín facerlle a foto, mais xa vedes na da portada como é o resultado final. Quedan torradiñas por riba e por baixo e máis amareliñas polo canto 😀

4. Coa batedora de novo, mesturamos os iogures, aceite, menta, pementa, sal e allo. Probamos de gusto e engadimos máis ingredienes se fora preciso.

faláfel

E listo! Se vos gustan os faláfeis cun toque verde, podedes engadirlle pirixel fresco ou máis coandro e menta. Desta vez, quedaron moi amarelos pola cúrcuma, mais de calquera das dúas maneiras estarán saborosísimos. O prebe é xenial e pode empregarse con moitas máis receitas. Como xa sabedes, os faláfel acostuman a ser un chisco secos, polo que o prebe quédalle de medo. Se tedes pan de pita e queredes facer unha receita máis completa, podedes engadir hummus, leituga e o prebe. O mellor dos faláfeis é que non hai que cocer os garavanzos e así, faise decontado. Probade a receita e xa me contaredes que tal! Bo proveito!!!

_________________________________________________________

Falafel with yoghurt sauce

faláfel

Around 3 years ago, I made my first falafel recipe for the blog (curry falafel) and I’ve been looking forward to preparing it again in a different way, now that I’m a little bit more expert in the kitchen 😉 For a change, I’ve used an ingredient which is now on fashion for its multiple benefits, as well as some fresh coriander and mint, which give falafel an exotic and fresh touch. To dip these delicious falafel, a super healthy and tasty yoghurt sauce. The combination is incredible!!!

Curious about the secret ingredient, right? Ladies and gentlemen, the super ingredient we will be using to prepare the most delicious falafel ever is turmeric! Everybody has heard about it lately, haven’t you? The yellow-y and bright colour of these falafel is to blame on turmeric. And what about its multiple benefits? It’s said it’s good for the stomach and the liver, among many other things. And it also tastes good! 😉

Ingredients for around 12 falafel

– 200 gr chickpeas
– salt to taste
– 1 tsp turmeric powder
– fresh coriander leaves
– fresh mint leaves
– 1 garlic clove
– 1 small onion

Ingredients for the yoghurt dipping sauce:

– 2 unsweetened natural yoghurts
– 1 tbsp extra virgin olive oil
– fresh mint leaves
– pepper and salt
– 1 garlic clove

Step by step preparation:

1. Soak chickpeas overnight or from morning to evening.

2. In a blender, mix all falafel ingredientes.

faláfel

3, When ready, allow to settle for around half an hour. Form balls, smash them a bit and fry them in 1 or 2 tbsp of oil. When golden brown on both sides, they’re ready! Don’t overcook them or they’ll be too dry.

faláfel

**As I was so concentrating frying the falafel, I forgot to take a picture, but you can see the final result in the top picture, brown on sides and yellow all around 😀

4. In a blender again, mix all the yoghurt sauce ingredients. Taste and add more if needed. As this is a matter of taste, you can prepare it very differently every time.

faláfel

And that’s it! If you like green falafel, you can add fresh parsley, and more coriander and/or mint. This time, I wanted them yellow and tuemeric-y 😉 No matter how you do them, they will be incredibly flavourful, soft and chewy! If you want to prepare this dish with some pita bread, just add some lettuce, hummus, falafel and the yoghurt sauce! What I absolutely love about falafel is that you don’t need to cook the chickpeas and so get the recipe ready in a bit! Try it and tell all about it!
Enjoy!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *