Parmesano vegano / Vegan parmesan

Parmesano vegano

parmesano vegano

Aquí estamos de novo cunha receita moi saudábel, nutritiva e, como non, saborosísima! Xa sexa porque formades parte da filosofía de vida vegana ou ben porque, coma min, vos gusta experimentar e probar cousas novas, esta receita havos encantar. O certo é que o queixo parmesano é un queixo que sabe taaan ben que rematamos por botarllo a case todo. A min o queixo pérdeme, mais non é un dos produtos máis saudábeis do mercado, como ben saberedes. Este parmesano vegano ofrécenos unha alternativa que nos aporta un beneficio maior para a saúde e que, ademais, ten un sabor moi semellante ao do orixinal. Se vos confeso a verdade, xa é a segunda vez que o preparo en menos dun mes. E por se isto fora pouco, supón unha moi boa opción para aquelas persoas que teñan intolerancia á lactosa. Ao final da receita, falareivos de como empregalo para que estea sempre ao seu punto. Imos aló! Continue reading “Parmesano vegano / Vegan parmesan”

Torta de cabaciña / Zucchini pie

Torta de cabaciña

torta de cabaciña

Xa comezou o outono e as cabaciñas xa comezan a dar os seus últimos froitos. Agora cambiamos de estación e os produtos van variando, máis na horta, mentres no marche o soliño e non veña o frío, seguimos tendo unhas fermosas cabaciñas. Desta vez, facemos unha torta de cabaciña con ingredientes ben sinxelos e cun sabor que vos recordará ao da pizza, mais iso si, moito máis saudábel! Imos aló! Continue reading “Torta de cabaciña / Zucchini pie”

Tortiñas saudábeis / Healthy pancakes

Tortiñas saudábeis de cacao

tortiñas

Estas tortiñas téñeno todo, son saudábeis, sen glute, sen azucres e con moooito sabor a chocolate! E se con isto non abondara, só precisamos 3 ingredientes! E 3 ingredientes ben sinxelos que acostumamos a ter pola cociña. Fanse nun plis, tanto o masa como a tortiñas e, ademais, podemos engadir froitos secos, froitos vermellos e, coma sempre, convén remollalas cun bo chorriño de mel ou de sirope de ágave. E se as queredes facer maís larpeiras, uns anaquiños de chocolate quedaranlle de medo. Imos aló! Continue reading “Tortiñas saudábeis / Healthy pancakes”

Ensalada rusa / Olivier salad

Ensalada rusa

ensalada rusa

Semella que este ano a calor non quere marchar, aínda que agora nos estea a dar un respiriño, semella que volverán as altas temperaturas, as poucas ganas de cociñar e a fame de pratos fresquiños. Hai pratos que son de toda a vida e xa por iso, teñen que ter un oco no blogue. A ensalada rusa é unha delas. Iso si, o mellor é mercar todo fresco, sobre todo os chícharos, aínda que nos toque debullar durante un pouco 😉 Paga moito a pena! Imos aló! Continue reading “Ensalada rusa / Olivier salad”

Faláfel con prebe de iogur / Falafel with yoghurt sauce

Faláfel con prebe de iogur

faláfel

Xa había tempo fixera unha receita de faláfel (alá polo 2013 – faláfel ao curry), mais tiña moita gana de volvela poñer cambiando un chisco os ingredientes, agora que xa me volvín algo máis experta na cociña 🙂 Como novidade, empregamos un dos ingredientes máis de moda, ademais de herbas aromáticas como o coandro e a menta, que lle dan un toque exótico e fresco. Para acompañar, un prebe moi saboroso, saudábel e rápido, un prebe de iogur que vai de marabilla para darlle un toque fresco ao faláfel. Imos aló! Continue reading “Faláfel con prebe de iogur / Falafel with yoghurt sauce”

Almorzo saudábel / Healthy breakfast

Almorzo saudábel

Healthy breakfast

Chegou setembro e con el, a fin das vacacións, da praia, dos paseos polo monte, do descanso… E iso nótase na nosa enerxía! Comezan as presas e, moitas veces, comezamos a descoidar a nosa alimentación. Sempre din iso de que o almorzo é a comida máis importante do día, mais sexa ou non, o caso é que un almorzo saudábel e completo hanos dar moita máis enerxía que un café ou un chocolate con boliños. E o mellor é que, agás a torrada, o resto podémolo deixar preparado o día anterior pola noite. Imos aló! Continue reading “Almorzo saudábel / Healthy breakfast”