Sushi de quinoa / Quinoa sushi

Sushi de quinoa

sushi quinoa

Preparar sushi caseiro é xenial! Podes botarlle os ingredientes que queiras e formar tantas combinacións como imaxinación teñas. O problema é que precisamos de moito tempo para facelo, sobre todo para preparar o arroz, lavalo, cocelo e agardar a que arrefríe. Esta versión con quinoa fai que a preparación sexa máis sinxela, o reultado máis lixeiro, cun sabor especial e diferente, mais, coma sempre, moooi saboroso! O certo é que eu, que son unha apaixoada do sushi de sempre, gárdolle un oco de boa gana a este sushi de quinoa, tanto polo súa incrible pinta como pola orixinalidade, preparación e, como non, o seu incrible sabor. Imos aló!

Ingredientes:

– 125 gramos de quinoa crúa
– 2 culleradas de maionesa
– alga nori
– aguacate, pementos, cogomelos…
– vinagre de arroz (opcional)

Preparación paso a paso:

1. Comezamos cocendo a quinoa como nos indique o paquete e deixamos arrefriar.

quinoa sushi

2. Engadimos 2 culleradas de maionesa e meturamos todo ben. Opcionalmente, podemos tamén engadirlle unha culleradiña de vinagre de arroz.

sushi quinoa

3. Colocamos a alga nori, engadimos unha boa cantidade de quinoa, colocamos o recheo (neste caso, cogomelos á prancha, pementos e aguacate) e pechamos o roliño como facemos co sushi, mollando a última beira da alga, para que pegue ben.

sushi quinoa

4. Unha vez o roliño estea xa ben firme, mollamos o filo dun coitelo ben afiado e cortamos o sushi en anaquiños máis ben gordiños. Tede en conta que a quinoa non queda tan compacta como o arroz. E listo!

sushi quinoa

Pode ser que os anacos das beiras non nos queden tan ben coma os do medio, mais isto é normal, pois a quinoa tende a quedar máis frouxiña nas beiras. Se sodes seareiros do sushi de toda a vida, non deixedes de probar este sushi caseiro de quinoa, cheo de sabor, cunha pinta de medo, rápido, sinxelo e que estou segura de que vos ha encantar. E así, se non o fixestes xa, podedes probar a quinoa, que tanto nesta receita, como na de ensalada, está de vicio! En canto a probedes, sempre teredes na casa quinoa porque veredes que é moi socorrida para moitas receitas e ten un sabor agarimoso e moi potente. Moi bo proveito!!!

_____________________________________________________________

Quinoa sushi

sushi quinoa

Preparing homemade sushi is so great! You can use almost any ingredient you may think of and invent as many combinations as your imagination can reach! However, as we all know, it’s not an easy task to do, and we need so much time to prepare it! Especially when it comes to preparing the rice: washing, cooking, cooling it with a fan… All takes time! (And in my case, it lasts for a so short time!) And that’s why preparing sushi with quinoa becomes a much easier task! Quinoa does not need anything special to be delicious, as it always is. Of course it’s not like the original sushi, but even people like me, who are absolutely sushi-lovers, will leave a piece of our heart to this quinoa version. Let’s go!

Ingredients:

– 125 gr uncooked quinoa
– 2 tbsp mayo
– nori seaweed
– avocado, bell peppers, mushrooms…
– rice vinegar (optional)

Step by step preparation:

1. Let’s start by cooking quinoa as indicated in the package. Then, allow to cool.

quinoa sushi

2. Add mayo and mix all well. If you like it, you can add some rice vinegar as well to make it taste more like sushi.

sushi quinoa

3. Place nori, add some quinoa so you cover 3/4 of the seaweed, place the filling (pepper strips, fried mushrooms, avocado…) and close the roll as we do with sushi, wetting the last part of the nori so it closes really well.

sushi quinoa

4. Once the roll is firmly closed, wet the blade of a sharp knife and cut the roll into rounds. Take into account quinoa sushi is not as compact as rice one. Have some soy sauce ready and that’s it!

sushi quinoa

If you find edges are not so perfect as the rest, don’t worry, this is perfectly normal. Quinoa is not so sticky as rice. Sushi fans from all over the world! Don’t hesitate to try this quinoa version of sushi, it’s really flavourful! And although very different from rice sushi, quinoa gives it a special and different flavour I’m sure you’ll all love! And if you haven’t tried quinoa yet, don’t lose the opportunity, either in these sushi rolls or in a salad. Quinoa flavour does make a difference, and its multiple properties as well 😀 Enjoy!!!

2 thoughts on “Sushi de quinoa / Quinoa sushi

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *