Canelóns de cabaciña / Zucchini rolls

Canelóns de cabaciña

canelóns de cabaciña

Chega a hora de xantar ou de cear e no sabes que facer. Cantas veces nos pasa isto, e ao final, acostumamos a caer en facer pratos que non son do máis saudábeis. Esta receita de canelóns de cabaciña é realmente estupenda. Ao non levar pasta, estes canelóns son moito máis lixeiros e o certo é que en canto a sabor, eu prefíroos aos de sempre, pois a cabaciña aporta un sabor fresco que lle dá un toque distintos aos canelóns. Ademaís de ao forno, pódense tamén facer na tixola, como xa fixemos estes raviolis de cabaciña. A leira fai que o meu amor polas cabaciñas sexa xa incondicional 😉 Imos aló!

Ingredientes para 4 persoas:

– 2 cabaciñas
– 500 gramos de carne picada
– prebe de tomate e ourego
– 1 cebola picada
– manteiga ou aceite, fariña e leite para a bechamel
– queixo en po

Preparación paso a paso:

1. Cortamos tiras de cabaciña ou ben cunha mandolina ou ben cun simple pelador dos de sempre.

2. Fritimos a carne e a cebola. E engadimos o prebe de tomate e o ourego.

canelóns de cabaciña

3. Colocamos a tira de cabaciño e poñemos un chisco de carne nun extremo.

canelóns de cabaciña

4. Enrolamos ata formar un roliño recheo.

canelóns de cabaciña

5. Colocamos nunha tarteiriña ou nun molde de forno con prebe de tomate na base.

canelóns de cabaciña

6. Cubrimos coa bechamel e repartimos o queixo en po por riba.

canelóns de cabaciña

7. Enfornamos a 200ºC ata que ferva o tomate e se torre o queixo. E listo!

Non me digades que non é unha boa maneira de facer que a cativada coma máis verduras! Así seguro que non se resisten 😉 En canto ao recheo, xa sabedes que é cuestión de ir probando, outro dos meus recheos favoritos é o de ricota e espinacas, ou de atún, ou mesmo de verduriñas. E se non sodes moito de bechemal, nin lle fai falla, cun pouco de prebe de tomate por riba, para que non queden moi secos no forno, xa está. É o bo que ten a cabaciña, que o seu sabor é delicioso tanto cocida, como fritida como crúa. Bo proveito!

___________________________________________________

Zucchini rolls

canelóns de cabaciña

Time to eat something and you don’t even know what to prepare. This usually ends up in cooking something not really healthy, right? For that not to happen, you can always have a look at this blog and look for some healthy recipes such as this one. These zucchini cannelloni rolls area a very good alternative to those made with noodles, much lighter, healthier and if you happen to have a zucchini plant (as I do) cheaper as well 😉 Besides, its flavour is much more delicious because zucchini adds a fresh and delicious touch to the recipe. Remember you can only prepare them fried as we did with these zucchini ravioli or baked like these zuccini rolls I present you here. Let’s go!

Ingredients for 4:

– 2 zucchinis
– 500 gr minced meat
– tomato sauce and oregano
– 1 finely chopped onion
– butter or oil, flour and milk for the white sauce
– cheese powder

Step by step preparation:

1. Cut zucchini in strips either with a mandolin or with any peeler you have around.

2. Fry meat and onion and then add tomato sauce and oregano.

canelóns de cabaciña

3. Place zucchini strips over a hard surface and add a tablespoon of meat filling in one end.

canelóns de cabaciña

4. Roll all cannelloni.

canelóns de cabaciña

5. Place them over a baking mould with some tomato sauce as a base.

canelóns de cabaciña

6. Prepare the white sauce, cover all the rolls with it and sprinkle somw cheese powder.

canelóns de cabaciña

7. Bake at 200ºC/400ºF until tomato sauce bubbles and cheese becomes golden brown. That’s it!

Don’t tell me this is one of the best ways to make our little kids eat veggies! They will love these zucchini rolls for sure! Regarding the fillings, you can try many different ones, another of my favourite is ricotta and spinach, tuna or veggies. And if you’re not a white sauce fan, you can always spread some tomato sauce on top and bake. The best thing about preparing this recipe with zucchinis instead of noodles is that zucchini is delicious either boiled, fried or baked. Enjoy!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *