Xelatina de Gin Tonic / Gin Tonic jelly shots

Xelatina de Gin Tonic

Jelly shots

Ao final abreviei así o nome porque Chupitos de xelatina de gin tonic e limón quedaba un chisco longo, mais iso é o que ven sendo esta saborosa, fresquiña e lixeira sobremesa. Tamén pode ser un petisco ideal para a sesión vermut, que vos parece? O sabor é boísimo!!! O toque de limón, a tónica e o aroma e o sabor da xenebra! Pouco máis se pode pedir. Iso si, ide con ollo porque vai indo un detrás de outro, e despois… 😉 Ademais, a que quedan ben riquiños nos limóns? Unha sobremesa moi orixinal, que campa moi ben e que, ademais, con ese saboriño a limón, é marabillosa para estes días de calor. Imos aló!

Ingredientes:

– polvos de xelatina de limón
– 250 ml de auga
– 200 ml de tónica
– 50 ml de xenebra Nordés
– 3 ou 4 limóns
– cardamomo (opcional)

Preparación paso a paso:

1. Primeiro comezamos cortando os limóns ao medio e vaciándoos para despois usalos de cunquiño para a xelatina.

jelly shots

2. Fervemos os 250 ml de auga e engadímoslle os polvos ata que estea ben disolto.

jelly shots

3. Mesturamos a xenebra e a tónica e engadimos cardamomo.

jelly shots

4. Mesturamos a xelatina de limón co gin tonic.

jelly shots

5. E a continuación, vertemos a mestura nos limóns.

jelly shots

6. Deixámolos na neveira ata que arrefríen e listo!

Non vos preocupedes polo alcol, quedaron no seu punto xusto! Para ser a primeira vez que probaba, o sabor é incrible, e ademais, podedes probar coa xelatina que maís vos guste, de laranxa, de piña… e facer a vosa xelatina de gin tonic como máis vos guste. Estas sobremesas fresquiñas son perfectas para o verán e, ademais, podedes facer unha versión sen xenebra para os máis pequechos, seguro que o pasan moi ben axudando na cociña coa xelatina. Bo proveito!

________________________________________

Gin Tonic jelly shots

Jelly shots

Here you have these delicious Lemon gin tonic jelly shots, quite a long name for a super fresh and delicious dessert! The perfect sweet treat for summer nights or as a party snack! Their taste is amazing!!! A touch of lemon, with some delicious tonic and Nordes gin, what else can we ask for? I must tell you to be careful because though they look so cute and tasty, they have alcohol on it, so go step by step 😉 Besides, they’re so cute, aren’t they? They look so good on that lemons! A very creative dessert everybody will love and you’re gonna look like the best chef ever! Hot days, you can comoe, we’re more than ready! Let’s go!

Ingredients:

– jelly lemon flavour
– 250 ml water
– 200 ml tonic
– 50 ml Nordes gin
– 3 or 4 lemons
– cardamom (optional)

Step by step preparation:

1. First, cut lemons in half and take off the flesh.

jelly shots

2. Boil 250 ml water and add the jelly until all well integrated.

jelly shots

3. Mix gin and tonic and add some cardamom.

jelly shots

4. Mix both mixtures.

jelly shots

5. And pour it over the lemons.

jelly shots

6. Allow them to cool int he fridge and that’s it!

Don’t worry too much about alcohol, the amount is the right one and you won’t find it too strong. Being this the first time I did them, I’m so happy with the result! And you can try them with other jelly flavours, orange, pineapple, peach…and get your own favourite jelly shots! They are very fresh and delicious, and if you have kids around, you can try them without alcohol, they’ll be as delicious and kids will love helping around in the kitchen. Enjoy!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *