Flores de cabaciña / Zucchini flowers

Flores de cabaciña

flores

Si, outra receita con cabaciñas! Xa vos dixen que cando comezan, hai que ir a lume de carozo con elas. Desta vez, para variar, empregaremos outra parte da pranta que non é a propia cabaciña en si, senón a súa flor. Non sei se algunha vez tivestes a oportunidade de catar este manxar. A primeira vez que as comin, fíxeno na casa, cunha receita similar a esta que vos propoño hoxe. E a segunda vez foi nun restaurante e recheas de brandada de bacallau (así xa aproveito para deixarvos a idea, por se alguén se anima). En canto ao sabor, hai que probalas! Non vos descubrirei nada para que probedes e me contedes que vos parece! Imos aló!

Ingredientes:

– flores de cabaciña
– queixo de Bama
– fariña, ovo e pan relado
– aceite para fritir e sal

Preparación paso a paso:

1. O primeiro que temos que facer é sacarlles os pistilos ás flores, con moito tino e cunha tesoira saen nun intre. Lavámolas, secámolas cun papel de cociña e salgamos.

flores

2. Cortamos uns anaquiño xeitosos de queixo de Bama e metémolos dentro da flor.

flores

3. Pechámolas, e pasámolas por fariña, ovo e pan relado.

flores

flores

flores

4. E fritímolas en abundante aceite ata que estean douradiñas e crocantes. E listo!

flores

Son unha receita marabillosa!!! Campan de medo e quedan bonitísimas, non me digades que non! Ademais, é un prato deses que pouca xente probou, polo que podedes quedar como uns auténticos profesionais da cociña 😀 Eu de vós probaría distintos recheos, o xamón salgado halle quedar moi ben, ou de xamón e queixo…en fin, fagades o que fagades o resultado será espectacular!

_____________________________________________

Zucchini flowers

flores

Yes! Another recipe with zucchinis! I’m thinking about a change in the blog name: kukinis! What do you think? More appropriate, right? As I told you in the last recipe, it’s zucchini’s season, but this time I will be using a different part of the plant, not the fruit, but the flower. Have you ever tried them? The first time I did was at home (the advantage of having homegrown zucchinis around), and the second in a restaurant and filled with cod brandade (you can try them like this, they’re delicious!) Regarding the flavour, I won’t tell you so you can try and tell me your own impressions. Let’s go!

Ingredients:

– zucchini flowers
– Bama cheese
– flour, egg and breadcrumbs
– oil to fry

Step by step preparation:

1. First thing to do is taking off the flower pistils, very carefully and using scissors is a quite simple task! Wash them and dry with some kitchen paper. Salt.

flores

2. Cut some Bama cheese and fill the flowers with it.

flores

3. Close flowers, and coat them in flour, egg and crumbs.

flores

flores

flores

4. Fry in plenty of oil until golden brown and crunchy. And that’s it!

flores

A so wonderful recipe!!! They look so good and cute! You know I’m right, don’t you? Besides, it’s a very special dish not many people have tried, so you can make yourself look like a super chef in front of everybody! 😀 So if I were you, I would try them with different fillings, serramo ham, ham and cheese… well, whatever you add, the result will be impressive!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *