Peanut butter cups

Peanut butter cups

peanut butter cups

Xa oíra falar destas cunquiñas de chocolate e crema de cacahuete dende hai ben tempo, mais non tivera a oportunidade de probalas porque aquí non che son nada doadas de atopar. Mais este ano, agora que xa comezou o calor, mercamos un xeado de Ben&Jerry’s que era precisamente deste sabor e que, ademais, levaba anacos máis que xenerosos destas cunquiñas. Miña nai querida! Que sabor!!! Quedei namoradiña do sabor e do ben que combinan ámbolos dous ingredientes! Agora xa non había máis excusas, polo que xa era momento de poñerse coas mans na masa. Imos aló!

Ingredientes para 16 cunquiñas:

– 200 gramos de chocolate negro
– 200 gramos de chocolate branco
– crema de cacahuete caseira (receita aquí)

Utensilios especiais: moldes para madalenas

Preparación paso a paso:

1. Derretemos os dous chocolates e vertemos unha culleradiña en cada molde. Arrefriamos na neveira.

peanut butter cups

2. Cando xa estea fría a primeira capa, botamos a crema de cacahuete.

peanut butter cups

3. Tapamos con máis chocolate e arrefriamos de novo na neveira. E listo!

peanut butter cups

Xa está??? Siii, xa está! E con estes sinxelos 3 pasos, teremos unhas cunquiñas de chocolate e cacahuete de auténtico vicio! Se queredes un conselliño para que aínda estean máis boas, procurade, se facedes a crema de cacahuete caseira, que quede un chisco salgada de máis, así o contraste entre o doce do chocolate e o salgado da crema de cacahuete será máis apreciábel e, polo tanto, máis saboroso 😉

__________________________________________________

Peanut butter cups

peanut butter cups

I’ve hard about these peanut butter cups from a long time ago, but I did not have the chance of tasting them because they are not easy to find round here. But, now we have this incredibly nice hot weather, it was about time to buy some ice-cream and that is why I decided to buy and try the Ben&Jerry’s ice-cream made of peanut butter cups, and it’s sooo delicious!!! And thus, I could try these super tasty cups! Oh so yummy!!! And after this, the only thing I could do was to try them at home and eat them anytime I want 😉 Let’s go!

Ingredients for 16:

– 200 gr dark chocolate
– 200 gr white chocoalte
– homemade peanut butter (recipe here)

Utensils needed: muffin cups

Step by step preparation:

1. Melt both chocolates and pour a teaspoon over each of the muffin cups. Allow to cool in the fridge.

peanut butter cups

2. When cold, add peanut butter.

peanut butter cups

3. And cover with more chocolate. Let it cool until completely hard. And that’s it!

peanut butter cups

Only these 3 easy steps??? Yeees! That’s right! Only 3 steps and these peanut butter cups will be completely yours. If the peanut butter is homemade or store-bought, I recommend you to add some more extra salt, so the savoury flavour of peanut butter contrasts with the sweety one of chocolate. The combination is amazing! Enjoy!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *