Albóndegas de coliflor / Cauliflower meatballs

Albóndegas de coliflor

albóndegas

Ás veces probar funciona e sae unha receita estupenda, desas que sabes que has facer unha e outra vez. A idea inicial era outra, mais o resultado deste experimento non podía ser mellor. E os ingredientes son taaan sinxelos de atopar e a preparación tan doada que costa crer que saiban taaan ben con tan poucos ingredientes e tan pouca dificultade. Ademais, estas albóndegas de coliflor farán que a cativada deveza pola verdura! Si si, han querer repetir e repetir, xa veredes! Desta vez, para acompañalas, fixen un prebe de curry, mais podedes facelas con calquera dos vosos prebes favoritos. Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– 400 gramos de coliflor
– 80 gramos de avea picada
– panko ou pan relado
– 1/2 cebola, nata e curry para o prebe

Preparación paso a paso:

1. Separamos a coliflor tentando sacar tódolos cañotos máis gordos e cocémola ata que estea tenra.

2. Cando xa estea cocida, faremos un puré cun garfo.

albóndegas

3. Engadimos a avea e o pan relado. De pan relado engadirémoslle ata que se poidan formar boliñas, unhas 2 ou 3 culleradas. Formamos boliñas e pasámolas de novo polo pan relado.

albóndegas

4. Fritimos as albóndegas.

albóndegas

5. E ímolas deixando sobre papel de cociña.

albóndegas

6. Para preparar o prebe, fritimos a cebola cortada finiña e cando xa case estea a punto, engadimos a nata e o curry, deixando que se cociñe ata que colla unha textura máis espesa.

albóndegas

7. Botamos as albóndegas no prebe e deixamos que se cociñen ben. Listo!

albóndegas

albóndegas

Pintaza, va que si? Unha mágoa que aínda non se lle poida dar unha boa trabada ou que chegue algo de arrecendo pola rede porque de seguro que non vos resistiades. É un prato moi lixeiro e saudábel e ao mesmo tempo farta abondo e non habedes quedar con fame. Que? Aínda non vos convencín? 😀 Seguro que si 😉 Agardo polas vosas fotos, que ben sei que algunha ha chegar! Bo proveito!!!

_____________________________________________________

Cauliflower meatballs

albóndegas

Or better said, cauliflower meatless meatballs 😉 Some cooking experiments end up being a total disaster and some end up like this, a total success! You will need so little time and ingredients to prepare this recipe that it will become a ‘must’ in your weekly menu. Besides, these meatballs are the perfect dish for kids to eat veggies without even knowing it. And they will even repeat! 😀 I’ve prepared a curry sauce this time, but you can eat them with whatever sauce of your choice. The preparation is quick and easy, so get ready and let’s go!

Ingredients for 2:

– 400 gr cauliflower
– 80 gr finely chopped oats
– panko or breadcrumbs
– 1/2 onion, cream and curry for the sauce

Step by step preparation:

1. Separate cauliflower florets and cook until tender.

2. With a fork, mash it until you get a puree.

albóndegas

3. Add oats and breadcrumbs. I did not weigh panko, but add the amount you need until you can form the meatballs, more or less 2 or 3 tablespoons. Form balls and coat them in pank as well.

albóndegas

4. Fry meatballs.

albóndegas

5. Put them over some kitchen towel so it absorbs the extra oil.

albóndegas

6. To prepare the sauce, fry onion and when cooked, add cream and curry. Cook until thick.

albóndegas

7. Dip meatballs in the sauce and cook for a while. That’s it!

albóndegas

albóndegas

Looks yummy, doesn’t it? It’s a shame I cannot let you have a bite or, at least, have a smell of this delicious dish! It smells so good!!! And tastes even better! These cauliflower meatballs are light and healthy, and at the same time, quite satisfying. Haven’t I convinced you yet? I’m sure I did! I’ll wait for your pics to pin them on the web because I’m sure you’ll be preparing this dish right away! Enjoy!!!

2 thoughts on “Albóndegas de coliflor / Cauliflower meatballs

  1. Pois…vounas facer hoxe (xunto con outras variadas) e a ver que tal. Boto a faltar o alliño. Nós somosche moi alleiros. Saúdos!

    1. Hei probar con allo tamén, que de seguro que lle queda ben. E un rustridiño igual tamén lle daba bo sabor! Hei seguir experimentando 😉 Xa me contarás que tal! E graciñas por facelas, polo comentario e por ler as receitas!!! Saudiños!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *