Fabas con ameixas / Beans with clams

Fabas con ameixas

fabas con ameixas

E por fin caeu este prato de fabas con ameixas!!! E mira que é ben sinxelo, pois non sei por que ía pasando o tempo, e unha cousa por outra, e a casa sen barrer, polo que xa ía tocando inaugurar este mes de xullo con esta receita taaan saborosa que, ademais, é súper nutritiva, saudábel e sinxela. As ameixas e as fabas están xa ben boas por separado (especialmente as ameixas!), mais a combinación das dúas dá como resultado un prato ben orixinal e que xa vos digo que seeempre triunfa. Imos aló!

Ingredientes para 4 persoas:

– 500 gramos de fabas (que deixamos a remollo)
– 1 kilo de ameixas
– 1 cebola
– 2 follas de loureiro
– un chisco de pementón
– un chisco de azafrán ou colorante alimentario
– sal
– 1 chorriño de cava

Preparación paso a paso:

1. Comezamos cocendo as fabas ata que estean no seu punto de cocción. Recordade que, aínda que as fabas queden a remollo, son bastante duras e lévalles bastante cocer. Na auga de cocer, botaremos tamén o azafrán ou colorante, as follas de loureiro e media cebola.

IMG-20160630-WA0008

2. Cando as fabas xa estean a punto, toca preparar as ameixas. Cortamos a outra media cebola, fritimos, engadimos o cava e as ameixas e deixamos que abran e vaian soltando esa auguiña rica con sabor a mar.

IMG-20160630-WA0002

3. Agora só queda mesturar todo. Pode que nos sobre algo de auga de cocer as fabas, iso xa depende de como vos guste de caldoso o prato. Mesturamos e deixamos que faga chup-chup durante uns minutiños todo xunto. E listo!

IMG-20160630-WA0007

Despois de varios días sen receita por un acumule de traballo bastante gordo, agardo que este prato de fabas con ameixas faga que agardar pague ben a pena, ou como diría Sés, pague ben a alegría. Agora é o voso turno de poñervos a tope na cociña con esta receita tan sabedeira e chea de sabor! Bo proveito!!!

_________________________________________________

Beans with clams

fabas con ameixas

And it finally came the day I prepared this super nice and tasty dish! I was so looking forward to it! But the list of to-do recipes is so long…I never know what to choose 😀 Apart from being incredibly flavourful, this recipe is simple and very nutritious! Clams are one of my favourite seafood ever and they match so well with beans… you have to give it a try! And if you do, it will be a total success! Promise! Let’s go!

Ingredients for 4:

– 500 gr white beans (previously soaked)
– 1 kg clams
– 1 onion
– 2 bay leaves
– a pinch of sweet paprika
– a pinch of saffron or food colouring
– salt
– a dash of cava

Step by step preparation:

1. Cook beans until fully coooked and soft. Remember times may change depending on the bean, but you will need, at least, one hour. Add bay leaves, paprika, saffron and 1/2 onion to boiling water.

IMG-20160630-WA0008

2. Cut the other half onion, fry them, add the cava and cook clams until open and cooked.

IMG-20160630-WA0002

3. Now, mix all ingredients. You may not use all broth, that will depend on how soupy you want it. Allow to cook for some minutes all together so flavours get integrated. And that’s it!

IMG-20160630-WA0007

After so many days without a new recipe, I hope this wonderful one will make up for it a little bit 😉 (Well, I’m pretty sure it will!) And now, it’s your turn! If you prepare this dish, you’ll be most successful cook EVER! 😉 Enjoy!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *