As Lambonadas de Kukinhas / Cooking with Kukinhas

As Lambonadas de Kukinhas

kukinhas

Ola a todos! Esta entrada é ben diferente ás de sempre, mais non por iso é menos especial, senón todo o contrario. Había tempo que xa rondaba pola miña cabeza a idea de facer un pequeno libro onde puxera as miñas receitas larpeiras favoritas. O problema era que non sabía nin por onde comezar…evidentemente non teño tanto público como para que ningunha editorial me ofrecera facer o libro, así que tiña que facer como coas receitas, poñerme coas mans na masa. Continue reading “As Lambonadas de Kukinhas / Cooking with Kukinhas”

Xelatina de Gin Tonic / Gin Tonic jelly shots

Xelatina de Gin Tonic

Jelly shots

Ao final abreviei así o nome porque Chupitos de xelatina de gin tonic e limón quedaba un chisco longo, mais iso é o que ven sendo esta saborosa, fresquiña e lixeira sobremesa. Tamén pode ser un petisco ideal para a sesión vermut, que vos parece? O sabor é boísimo!!! O toque de limón, a tónica e o aroma e o sabor da xenebra! Pouco máis se pode pedir. Iso si, ide con ollo porque vai indo un detrás de outro, e despois… 😉 Ademais, a que quedan ben riquiños nos limóns? Unha sobremesa moi orixinal, que campa moi ben e que, ademais, con ese saboriño a limón, é marabillosa para estes días de calor. Imos aló! Continue reading “Xelatina de Gin Tonic / Gin Tonic jelly shots”

Espaguetes de mar crocantes / Crunchy sea spaghetti

Espaguetes de mar crocantes

espagueti de mar

Segunda receita coas nosas incribles algas! Temos unha chea de recursos gastronómicos e as algas son aínda descoñecidas para a maioría de nós, mais pouco a pouco vanse introducindo nas nosas receitas e o certo é que ben o merecen. Esta receita saqueina da páxina de Portomuiños que, como supoño que saberedes, é unha marca galega que vende algas por tooodo o mundo. Para esta receita, a alga escollida son os espaguetes de mar e o paso a paso non pode ser máis sinxelo. Xa veredes, tan poucos ingredientes e uns pasos tan sinxelos nunca deron unha receita taaan saborosa. En canto ao sabor, non vos sabería dicir moito como é, o que sí vos podo dicir é que TEDES QUE PROBALAS PORQUE ESTÁN BOÍÍÍÍÍÍSIMAS!!!!!! Non vos enredo máis, imos aló! Continue reading “Espaguetes de mar crocantes / Crunchy sea spaghetti”

Flores de cabaciña / Zucchini flowers

Flores de cabaciña

flores

Si, outra receita con cabaciñas! Xa vos dixen que cando comezan, hai que ir a lume de carozo con elas. Desta vez, para variar, empregaremos outra parte da pranta que non é a propia cabaciña en si, senón a súa flor. Non sei se algunha vez tivestes a oportunidade de catar este manxar. A primeira vez que as comin, fíxeno na casa, cunha receita similar a esta que vos propoño hoxe. E a segunda vez foi nun restaurante e recheas de brandada de bacallau (así xa aproveito para deixarvos a idea, por se alguén se anima). En canto ao sabor, hai que probalas! Non vos descubrirei nada para que probedes e me contedes que vos parece! Imos aló! Continue reading “Flores de cabaciña / Zucchini flowers”

Bastóns de cabaciña / Zucchini fries

Bastóns de cabaciña

bastóns de cabaciña

Cando chega a épocas das cabaciñas na leira, isto é un non parar. E veña cabaciñas e cabaciñas, e non te despistes moito, que senón medran a cachón e xa se poden chegar a considerar armas 😉 Así que chegada esta época, o que me toca é discurrir receitas, e discúrroas con gana, a verdade, porque gústacheme ben a versatilidade da cabaciña. Todo lle acae ben. Hoxe faremos uns bastonciños de cabaciña ao forno, para que sexan máis saudábeis e moooi saborosos! Imos aló! Continue reading “Bastóns de cabaciña / Zucchini fries”

Peanut butter cups

Peanut butter cups

peanut butter cups

Xa oíra falar destas cunquiñas de chocolate e crema de cacahuete dende hai ben tempo, mais non tivera a oportunidade de probalas porque aquí non che son nada doadas de atopar. Mais este ano, agora que xa comezou o calor, mercamos un xeado de Ben&Jerry’s que era precisamente deste sabor e que, ademais, levaba anacos máis que xenerosos destas cunquiñas. Miña nai querida! Que sabor!!! Quedei namoradiña do sabor e do ben que combinan ámbolos dous ingredientes! Agora xa non había máis excusas, polo que xa era momento de poñerse coas mans na masa. Imos aló! Continue reading “Peanut butter cups”