Ficelle Picarde

Ficelle Picarde

ficelle picarde

Con isto da Eurocopa en Francia, aínda que non gostemos do fútbol, si que podemos aproveitar para investigar un chisco máis sobre a gastronomía francesa. Este prato é puro vicio! Saboroso, cremoso, sinxelo e si, nada saudábel! Mais como de cando en cando xa convén facer algunha excepción, polo menos facela por algo que pague ben a pena! Os ficelle picarde son típicos da zona de Picardie, ao norte do país e aquí preséntovos a receita orixinal, que consiste en crepes cun recheo moi saboroso e un toque de crème fraîche. Imos aló!

Ingredientes para as crepes (unhas 10):

– 250 gramos de fariña
– 3 ovos
– 500 ml de leite
– un chisco de sal

Ingredientes para o recheo e para gratinar:

– 1 chisco de manteiga para fritir
– 300 gramos de champiñóns
– 1/2 cebola picada ben finiña
– crème fraîche
– 4 lascas de xamón cocido
– comté relado (ou calquera outro queixo francés relado, normalmente é gruyere

**Con este recheo, sairán unhas 4 ficelle picarde, mais crepes sairán máis.

Preparación paso a paso:

1. Fritimos a cebola picada e os champis nunha culleradiña de manteiga ata que estean ben fritidos. Salgamos.

ficelle picarde

2. Despois, engadimos dúas culleradas de crème fraîche e deixamos que reduza.

ficelle picarde

3. Mesturamos tódolos ingredientes das crepes e facémolas, como as filloas, vaia, mais fritidas con manteiga 😉

ficelle picarde

4. Poñemos a crepe, unha lasca de xamón cocido, un chisco da mestura de champiñóns e pechamos como facendo un sobre.

ficelle picarde

ficelle picarde

5. Poñemos as nosas crepes recheas nun molde para forno e cubrimos con máis crème fraîche e o queixo relado.

ficelle picarde

ficelle picarde

ficelle picarde

6. Gratinamos ata que o queixo estea douradiño (uns 8-10 minutos). E listo!

ficelle picarde

Tamén se pode empregar bechamel e non crème fraîche, mais a receita orixinal é esta. E o certo é que lle dá un toque moi interesante, e casa moi ben co resto de ingredientes. Como é costume cando probamos un prato da gastronomía francesa, o resultado é espectacular. Unha crepe suave e cheísima de sabor!!! Eu xa teño pensado repetir probando con distintos recheos! Saquémoslle partido ás filloas todo o ano, e non só no inverno cando temos frío 😉

________________________________________________

Ficelle Picarde

ficelle picarde

As we are celebrating the European championship in France, whether you like football or not, it’s a good opportunity to taste French gastronomy. So after doing some research, I found these delicious ficelles picarde! Oh so delicious! If you like crepes, you’ll absolutely love this dish. The original recipe is made with crème fraîche, ham, mushrooms and, of course, cheese! It’s not a very healthy dish, but it’s the perfect option for a cheat day! 😀 Let’s go!

Ingredients for the crepes:

– 250 gr flour
– 3 eggs
– 500 ml milk
– 30 gr butter
– a pinch of salt

Ingredients for filling and top:

– some butter to fry
– 500 gr mushrooms
– 1 finely chopped onion
– a dash of white wine
– crème fraîche
– 4 slices boiled ham
– grated comté (or any other French cheese, usually Gruyere)

**Filling for 4 ficelle picarde.

Step by step preparation:

1, Fry onion and mushrooms with some butter until well fried. Salt.

ficelle picarde

2. Then, add 2 tablespoons of crème fraîche until the sauce thickens.

ficelle picarde

3. Mix all crepes ingredientes and prepare them with some butter.

ficelle picarde

4. Place a crepe on a dish, add a slice of boiled ham, the mushrooms mixture and close as an envelope.

ficelle picarde

ficelle picarde

5. Place the stuffed crepes over a baking mould and top them with crème fraîche and grated cheese.

ficelle picarde

ficelle picarde

ficelle picarde

6. Grill ficelle picarde for around 8-10 minutes or until cheese is golden on top. And that’s it!

ficelle picarde

You can also use white sauce instead of crème fraîche, but this is the original recipe. The truth is that even if you are not a big fan, you can still try it, it combines perfectly with the crepe and the grated cheese, so give it a try! 🙂 And as it usually happens when tasting some dish from the French cuisine, it’s totally addictive!!! The texture, the flavour, the smell.. all is amazing! I am already thinking about new fillings, ‘cause crepes can be much more than a simple dessert with some chocolate topping 😉

2 thoughts on “Ficelle Picarde

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *