Madalenas de choco branco con arandos / Blueberries and white choc muffins

Madalenas de chocolate branco con arandos

madalenas de arandos

Si, xa me deu polas madalenas! E é que non hai mellor cousa que erguerse pola mañá e meterse no corpo unhas madalenas caseiras. Como xa vos dixen na anterior receita, tiña moita gana de probar a facer madalenas de arandos, mais, coma sempre, acabei engadíndolle un dos meus ingredientes larpeiros favoritos, o chocolate branco. O paso a paso súper sinxelo e o sabor incrible! Fagamos os nosos almorzos moito máis divertidos con estas madalenas! Ademais, non sabedes o ben que se pasa picando os arandos que non abren no forno!!! 😀 Imos aló!

Ingredientes:

– 2 ovos
– 75 gramos de azucre
– 65 ml de leite
– 150 ml de aceite de oliva suave
– 180 gramos de fariña normal ou de repostaría
– 30 gramos de fariña de millo
– 7 gramos de fermento químico
– un chisco de sal
– 75 gramos de chocolate branco para derreter (e un chisco máis en anacos para poñer por riba)
– 125 gramos de arandos

Preparación paso a paso:

1. Derretemos o chocolate branco e mesturámolo cos ovos, o azucre, o leite e o aceite.

2. Despois, engadimos as fariñas xirgadas xunto co sal e o fremento e mesturamos de novo.

madalenas de arandos

3. Deixamos que a masa repouse na neveira durante, como mínimo, unha hora. A continuación, batémola ben e engadímoslle os arandos, deixando uns poucos para poñer por riba.

madalenas de arandos

4. Enchemos os moldes das madalenas ata 2/3 da súa capacidade e poñémoslle os anaquiños de chocolate e mailos arandos que deixamos reservados.

madalenas de arandos

5. Enfornamos a 210º (co forno xa prequente) durante uns 14-15 minutiños. E listo!

A min, que son moi toliña polo chocolate branco, aínda me sabían pouco, mais para o resto dos mortais, de seguro que lle ha chegar 🙂 Os arandos acostuman a abrir no forno, máis ás veces comezan a poñerse súper gordiños e non abren, polo que teremos que picalos cun escarvadentes para que solten todo o seu zume e queden as madalenas ben riquiñas. Os anacos de chocolate tamén se poden repartir polo medio, cousa que probablemente farei para a próxima 😉 Eu xa destou por facelas de novo, porque duran taaan pouquiño, que xa case non quedan. Bo proveito!!!

___________________________________________________

Blueberry and white chocolate muffins

madalenas de arandos

Yes, for me, it’s muffins time! And the only reason is because waking up early in the morning to go to work and having some fresh homemade muffins in the kitchen is a pleasure I really enjoy. And they’re so simple, quick and absolutely delicious! and to give these muffins a choc twist, I added some white chocolate to the batter and some choc chips on top! Amazing! If you prepare these super tasty muffins, your breakfast will never be the same! Let’s go!

Ingredients:

– 2 eggs
– 75 gr sugar
– 65 ml milk
– 150 ml olive oil
– 180 gr plain flour
– 30 gr cornstarch
– 7 gr baking powder
– a pinch of salt
– 75 gr white chocolate (+ white chocolate chips)
– 125 gr blueberries

Step by step preparation:

1. Melt white chocolate and mix it with eggs, sugar, milk and oil.

2. Then, add sifted flours, salt and baking powder. Mix well.

madalenas de arandos

3. Allow the batter to set for, at least, an hour in the fridge. And then, beat energically and add the blueberries. You can keep some to put on top.

madalenas de arandos

4. Fill muffin cups up to 2/3 and top it with choc chips or chopped white chocolate and the blueberries.

madalenas de arandos

5. Bake at 210ºC/410ºF (pre-heat oven as well) for arounf 15 minutes. And that’s it!

If you’re not a white chocolate fan, you can prepare it with it as well. The flavour is not too strong and the texture and smoothness are incredible! As I love chocolate, its flavour is never enough for me, but adding some chips will make them choc-perfect! And if you want to add some in the batter as well, feel free! I’m sure I wil do it the next time, which will probably be veeery soon! They disappear so quickly you will be baking these muffins all day 😉 Enjoy!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *