Xeado cremoso de amorodo / Creamy strawberry popsicle

Xeado cremoso de amorodo

popsicle

Os xeados da infancia son do melloriño que hai. Si, xa sei que agora hai uns xeados caseiros incribles e as xeaderías profileran coma cogomelos, mais sempre hai algún xeado que tomabamos cando eramos pequechos polo que aínda devecemos sendo xa ben grandiños. O meu é o Frigo pe. Encaaantame!!! O seu sabor a amorodo, a súa cremosidade, e, por que non, a súa forma 😉 Así que, despois de darlle unhas cantas voltas, saiume unha combinación coa que o sabor se asemella bastante. A preparación é suuuper sinxela, só mesturar e conxelar. Imos aló!

Ingredientes parar 6 xeados:

– 65 ml de leite
– 25 gramos de azucre
– un chisco de mel
– 5 petit suisse de amorodo
– 45 ml de nata para montar

– moldes para xeados

Preparación paso a paso:

1. Mesturamos tódolos ingredientes agás a nata.

2. Montamos a nata e engadímola.

popsicle

3. Enchemos os nosos moldes e ao conxelador durante, como mínimo, dúas horas. E listo!

popsicle

A súa cor non queda tan rosa coma a dos orixinais, mais penso que non vale a pena engadirlle colorantes nin nada artificial co ben que saben así, que ao fin e ao cabo é o que importa. A pesares do sinxelo que é e dos poucos ingredientes que leva, estes xeados son moi cremosos e moi sabedeiros. En só 3 sinxelos pasos, poderemos gozar dun dos nosos xeados favoritos da infancia, e, ademais, caseiros. Que máis se pode pedir? 😀

__________________________________________________________

Creamy strawberry popsicle

popsicle

When I was young, I loved funny feet ice-cream! I loved its flavour, the colour, the shape and its smoothness. Nowadays, I love it as well, why would I lie? 😉 But I don’t eat it as much as I did when I was little. Some days ago, I felt like eating one again, and that’s when I thought… Why don’t you try and do it at home? And here it comes! The best and easiest recipe of this strawberry ice-cream. So smooth, so soft, so…yummy! Let’s go!

Ingredients for 6 popsicles:

– 65 ml milk
– 25 gr sugar
– 1 tsp honey
– 5 strawberry danonino
– 45 ml whipping cream

– popsicles moulds

Step by step preparation:

1. Mix all ingredientes except whipping cream.

2. Whip cream and add it to the mixture, mixing again.

popsicle

3. Fill the moulds with the mixture and freeze for, at least, 2 hours. And that’s it!

popsicle

Its colour is not as pink as the ones we buy, but I think we don’t need to add extra food colouring which will give nothing but colout and calories 😉 Flavour is perfect and texture extra smooth! With three steps, easy ingredients and some freezing time, you’ll get some delicious popsicles kids (and adults, of course!) will absolutely love! What else can we ask for? Now we just have to wait for hot and sunny weather to come! These pospsicles will help us keep fresh 😀

2 thoughts on “Xeado cremoso de amorodo / Creamy strawberry popsicle

  1. Hola :estos xeados recordanme cando os meus fillos eran pequenos,tamén os faciamos ,pero non tiñan esa …os nosos eran de leite con azucre e fresas.Probaremos a botarlle todo iso que seguro estarán riquiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiisimos.Grazas kukinhas,un bico.

    1. De leite con azucre e amorodos tamén teñen que estar ben bos! Hei probar eu tamén, agora que xa hai amorodos nas tendas! Con estes ingredientes tamén saen moi saborosos, xa verás! Agora só falta que chegue a calor 😀 Unha aperta enorme

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *