Vasos de iogur e cereixas / Cherry and yoghurt parfait

Vasos de iogur e cereixas

yoghurt cherry

Chegou a calor e chegou con ganas! E cando ven, devecemos por pratos e sobremesas fresquiñas. Estes vasiños son do máis sinxeliño que hai. Con só uns poucos ingredientes frescos e naturais, teremos unha sobremesa ou un almorzo de 10. Estes vasos, ademais, son moi saudábeis e, para facelos, non precisaremos nadiña de azucre. A única lambonada son esas dúas cereixas recheas que vedes na imaxe. Recheas? Sisi, están recheas! Non agardes máis e bótalle un ollo á receita, xa verás que divertida e saborosa! Imos aló! Continue reading “Vasos de iogur e cereixas / Cherry and yoghurt parfait”

Ficelle Picarde

Ficelle Picarde

ficelle picarde

Con isto da Eurocopa en Francia, aínda que non gostemos do fútbol, si que podemos aproveitar para investigar un chisco máis sobre a gastronomía francesa. Este prato é puro vicio! Saboroso, cremoso, sinxelo e si, nada saudábel! Mais como de cando en cando xa convén facer algunha excepción, polo menos facela por algo que pague ben a pena! Os ficelle picarde son típicos da zona de Picardie, ao norte do país e aquí preséntovos a receita orixinal, que consiste en crepes cun recheo moi saboroso e un toque de crème fraîche. Imos aló! Continue reading “Ficelle Picarde”

Madalenas de choco branco con arandos / Blueberries and white choc muffins

Madalenas de chocolate branco con arandos

madalenas de arandos

Si, xa me deu polas madalenas! E é que non hai mellor cousa que erguerse pola mañá e meterse no corpo unhas madalenas caseiras. Como xa vos dixen na anterior receita, tiña moita gana de probar a facer madalenas de arandos, mais, coma sempre, acabei engadíndolle un dos meus ingredientes larpeiros favoritos, o chocolate branco. O paso a paso súper sinxelo e o sabor incrible! Fagamos os nosos almorzos moito máis divertidos con estas madalenas! Ademais, non sabedes o ben que se pasa picando os arandos que non abren no forno!!! 😀 Imos aló! Continue reading “Madalenas de choco branco con arandos / Blueberries and white choc muffins”

Xeado cremoso de amorodo / Creamy strawberry popsicle

Xeado cremoso de amorodo

popsicle

Os xeados da infancia son do melloriño que hai. Si, xa sei que agora hai uns xeados caseiros incribles e as xeaderías profileran coma cogomelos, mais sempre hai algún xeado que tomabamos cando eramos pequechos polo que aínda devecemos sendo xa ben grandiños. O meu é o Frigo pe. Encaaantame!!! O seu sabor a amorodo, a súa cremosidade, e, por que non, a súa forma 😉 Así que, despois de darlle unhas cantas voltas, saiume unha combinación coa que o sabor se asemella bastante. A preparación é suuuper sinxela, só mesturar e conxelar. Imos aló! Continue reading “Xeado cremoso de amorodo / Creamy strawberry popsicle”