Arroz fritido / Fried rice

Arroz fritido

arroz fritido

Despois de tanto e tanto tempo, descubro que non teño a receita de arroz fritido no blogue. E como pode ser? Co que a min me gusta e o ben que cumple as miñas máximas de receita perfecta: rápido, sinxelo, saudábel e saborosísimo. O arroz fritido é unha receita ben socorrida, desas que sabe de medo e faise nun plis, e ademais, perfecta para cando temos que quedar a comer no traballo. Ademais, deixovos dous ingredientes que lle dan un toque moi especial e fan que aínda estea máis bo. Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– 200 gramos de arroz cocido (eu remólloo en auga fresquiña despois de cocer para que quede ben soltiño)
– 2 ovos (para facer a tortilla francesa)
– 2 cenorias
– 60 gramos de chícharos
– 100 gramos de pavo ou xamón cocido
– prebe soia e/ou aceite de sésamo para darlle un toquiño de sabor

Preparación paso a paso:

1. Para comezar, facemos a tortilla francesa. Eu o que fago é botar os ovos batidos e remexelos coa culler de pau ata que quede todo ben cortadiño.

2. A continuación, engadimos os chícharos, o xamón cocido e as cenorias cortadas en anacos pequenos. Fritimos a lume forte durante uns minutiños e remexendo sen parar.

arroz fritido

3. Engadimos o arroz, baixamos o lume e imos fritindo e mesturando tódolos ingredientes. Mentres tanto, probamos de sal e botámoslle o prebe de soia e/ou o aceite de sésamo. E listo!

arroz fritido

Así de sinxelo e rápido! Desta vez non tiña gambas, mais tamén lle quedan moooi requeteben, así que se as tedes a man, aproveitade e poñédellas tamén 😀 Esta é a receita máis típica do arroz fritido, o que normalmente se coñece como arroz 3 delicias, máis co arroz combinan moitos outros ingredientes, polo que podemos ir probando ata que deamos coa nosa receita perfecta de arroz fritido 😀

_________________________________________________

Fried rice

arroz fritido

After almost 3 years writing recipes, I found out fried rice was not among them! How could it be? It’s one of my favourite dishes, perfect for every meal or for those days when you have to eat at work. And it has all it needs to have a special place in this blog: it’s quick, simple, healthy and tasty! Just fry some boiled rice, add those ingredients you love and that’s it! Besides, I’ll tell you about 2 extra ingredients which will give it the best taste ever! Let’s go!

Ingredients for 2:

– 200 gr cooked rice
– 2 beaten eggs
– 2 carrots
– 60 gr peas
– 100 gr chopped boiled ham or turkey
– soy sauce and sesame oil

Step by step preparation:

1. First, prepare some scrambled eggs.

2. Then, add peas, chopped carrots and boiled ham. Fry until cooked and crunchy.

arroz fritido

3. Add rice and fry at a low-medium heat micing all ingredients. Meanwhile, taste and add soy sauce and sesame oil to taste. And that’s it!

arroz fritido

As simple and quick as that! I haven’t got any shrimps this time, but if you have them around, don’t doubt it! They match really well. This is the most typical fried rice recipe, but if you don’t like any of these ingredients, you can always use different ones and prepare your own fried rice recipe! 😀

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *