Magdalenas de cereixa / Cherry muffins

Magdalenas de cereixa

madalenas de cereixa

Con isto da repostaría moderna, ás veces mesmo esquecemos esas lambonadas de sempre que nos sentan de marabilla e que con ingredientes ben sinxelos, saben de medo. Adoro as magdalenas, son moi feitiñas e ademais pódense facer de milleiros de sabores, con froitas, con chocolate, de froitos secos…ás magdalenas todo lles presta! E a nós préstanos moito papalas, non si? A idea inicial era facelas con arandos, mais vendo que xa comezan a asomar as primeiras cereixas, pensei que sempre é moito mellor empregar produtos de tempada, e o certo é que o resultado non pode ser mellor. Imos aló!

Ingredientes:

madalenas de cereixa

– 2 ovos
– 180 gramos de azucre
– 65 ml de leite
– 185 ml de aceite de oliva suave
– 210 gramos de fariña (metade de fariña de repostaría, metade de fariña normal)
– 7 gramos de fermento químico
– un chisco de sal
– 125 gramos de cereixas

Preparación paso a paso:

1. Batemos os ovos, o azucre, o leite, o aceite e o chisco de sal.

madalenas de cereixa

2. Mesturamos a fariña co fermento químico, xirgámolos e engadímolos pouco a pouco á mestura anterior. O mellor é non bater, senón incorporalo pouco a pouco cunha lingua ou unha culler. Así, quedará máis cremosiña a masa.

madalenas de cereixa

3. Deixamos que repouse como mínimo unha hora na neveira.

4. Cando saquemos a masa da neveira, batémola de novo ou ben co batedor de man ou ben coa lingua.

madalenas de cereixa

5. Engadimos as cereixas cortadas en catro e sen oso, mesturamos de novo e enchemos os moldes de magdalena, procurando non enchelos demais.

madalenas de cereixa

6. Enfornamos a 210º (co forno xa prequente) durante uns 14-15 minutiños. E listo!

madalenas de cereixa

Xa iredes vendo como estas pequeniñas van medrando no forno. Dá xenio velas! En canto vaian collendo unha cor dourada por riba e xa se lles vexa o perucho asomando polo molde, iso é que xa están listas. De todas maneiras, en caso de dúbida, xa sabedes, o truquiño do escarvadentes! Eu xa teño moi claro que vou almorzar mañán pola mañán e é que no hai mellora maneira de comezar o día que cunha sobremesa caseira e saborosísima!!! Nin os luns se resisten! 😀

______________________________________________

Cherry muffins

madalenas de cereixa

I sometimes get tired of modern sweet treats that take us ages to prepare and then the result is not so yummy as those traditional, simple and super quick as these incredibly delicious cherry muffins! I love muffins!!! (I love a lot of sweet treats, actually :D) They’re so cute and you can prepare them with so many different ingredients and get a lot of flavours! Either sweet or savoury 😉 All ingredients look good in muffins, and all muffins look good on us! The first thought was preparing them with blueberries, but I couldn’t find them at the supermarket, so as cherries are on season now, I made up my mind. And the result is fantastic! Let’s go!

Ingredients:

madalenas de cereixa

– 2 eggs
– 180 gr sugar
– 65 ml milk
– 185 ml olive oil (not extra virgin)
– 210 gr flour (1/2 plain flour, 1/2 pastry flour)
– 7 gr baking powder
– a pinch of salt
– 125 gr cherries

Step by step preparation:

1. Beat eggs, sugar, milk, oil and salt.

madalenas de cereixa

2. Sift flour and baking powder and add them to the mixture mixing very carefully with a spoon or a hand whisk.

madalenas de cereixa

3. Let it settle in the fridge for, at least, an hour.

4. Beat it again energically again with a hand whisk or a spoon.

madalenas de cereixa

5. Add chopped cherries and mix again. Fill the muffin caps up to 2/3.

madalenas de cereixa

6. Bake at 210ºC/410ºF (oven preheated) for around 14-15 minutes. And that’s it!

madalenas de cereixa

These little cute muffins will grow in the oven beautifully. So good to see them grow! As soon as you see a bright golden colour on top, that means they’re ready, but if in doubt, you can always use the toothpick trick and insert it in the middle and see if it comes out clean. They are the perfect breakfast and all-times snack! 😀 But be careful, if you don’t watch them out, they’ll disappear 🙂

2 thoughts on “Magdalenas de cereixa / Cherry muffins

    1. Eu tiña as miñas dúbidas cando o pensei, pero a verdade é que o resultado foi sorprendentemente agradable 😀 Xa me contarás se fas a proba! Graciñas polo comentario, Eva! 🙂

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *