Croquetas de polo asado / Roasted chicken croquettes

Croquetas de polo asado

croquetas de polo

As croquetas pasaron de ser un prato para aproveitar as sobras a un prato de seu. As croquetas de polo asado son moi de toda a vida, e é por iso que agora, cando preparo polo asado ao forno, sempre procuro que sobre algo para despois preparar unhas saborosísimas croquetas. Este polo asado levaba tamén cebola, pera e medio vasiño de brandi, e alá foi todo para darlle sabor a estas croquetas. O polo non acostumo a picalo, senón a esfiañalo, así a textura queda moito máis cremosa e as croquetas con moito máis sabor. En canto ao rebozado, dicirvos que leva un ingrediente segredo que as fai súper crocantes, xa o veredes! Imos aló!

Ingredientes:

– polo asado esfiañado
– fariña e leite para a bechamel
– patacas fritidas A Casa Vella para rebozar

Preparación paso a paso:

1. Quentamos nunha tixola o polo esfiañado, xunto cos complementos cos que fagades o polo (froitos secos, froitas, cebola, allo…) e mais o prebe que quede despois de asado.

croquetas polo

2. Engadimos a fariña e cociñámola ben para que despois non teñan sabor a fariña.

croquetas polo

3. Imos engadindo o leite ata que a masa estea ben cremosa e se despegue con facilidade da tixola. Deixamos que arrefríe.

croquetas polo

4. Cando a masa estea fría, formamos as croquetas como máis nos guste (redondas, cadradas…)

croquetas polo

5. Pasamos as croquetas por fariña, ovo e as patacas fritidas en anaquiños.

croquetas polo

croquetas polo

croquetas polo

6. Fritimos as croquetas ata que estean moi douradiñas e crocantes por fora, e brandiñas e cremosas por dentro. E listo!

croquetas de polo

Para ser a primeira vez que probo este rebozado con patacas fritidas, teño que dicir que non será a última. As croquetas quedan súper crocantes; e o contraste entre o crocante de fora e o cremosas que quedan por dentro é espectacular! Probade a facelas e xa veredes como repetiredes máis dunha vez, e máis de 2, de 3… E o sabor da masa é incrible!!! O polo asado está boísimo e se seguides o meu consello e o esfiañades e engadides o prebe que quedou despois de asado, estarán de auténtico vicio!!! 😀

___________________________________________________

Roasted chicken croquettes

croquetas de polo

Croquettes started as a dish to use other dishes’ left-overs, but now they have become a dish on their own, and a very yummy one! Roasted chicken croquettes are sooo typical!!! In fact, if you go to restaurants, you will either see ham croquettes or chicken ones. They’re always on the startes page! So when I roast chicken, I always set some aside to prepare these delicious croquettes. I prepared this one with onion, pears and some brandy, and I used all that and the gravy to prepare them. So tasty!!! And don’t cut chicken, just pull it out and it will be even better!!! To coat croquettes, we will use a super secret coating you will absolutely die for! Let’s go!

Ingredients:

– pulled out roasted chicken
– flour and milk for the white sauce
– crisps A Casa Vella for the coating

Step by step preparation:

1. Heat chicken and gravy.

croquetas polo

2. Add flour and cook it well so croquettes won’t get a flour-y flavour.

croquetas polo

3. Add milk bit by bit until batter is creamy and it is easily removed from the pan. Allow to cool.

croquetas polo

4. When batter is cold, shape croquettes as you wish.

croquetas polo

5. Coat them in flour, egg and smashed crisps.

croquetas polo

croquetas polo

croquetas polo

6. Fry croquettes until crunchy and golden on the outside, and creamy and smooth on the inside. And that’s it!

croquetas de polo

This was the first time I tried crisps for coating, and I’m pretty sure it won’t be the last! They are so crunchy!!! The contrast between the crunchiness and the smoothness is awesome!!! If you try them, you’ll absolutely fall for them. I’m already thinking about preparing roasted chicken again, just to prepare the croquettes once more! 😉 Remember to pull out the chicken and to use gravy to prepare the best croquettes EVER! C’mon! Wait no more and prepare these delicious croquettes! You will never ever regre it!

2 thoughts on “Croquetas de polo asado / Roasted chicken croquettes

  1. hola kukinhas:gustame esa receita das croquetas coas patacas fritidas,onte sobroume polo e vou facelas croquetas así.Paréceme que quedan moi tostadiñas por fora e amín gústanme así.Moitas grazas kukinhas polas receitas tan saborosas que pos e sobre todo tan saudables.Un bico moi forte e segue poñendo moitas receitiñas…Isabel

    1. Ola Isabel! Alégrame moito que che guste a receita! Eu era a primeira vez que a probaba e a verdade é que estou moi contenta co resultado. As patacas fritidas fan que as croquetas queden máis crocantes e así non collen tanto aceite e o sabor é espectacular! Cando as probes xa me contarás que tal quedaron. Grazas a ti por seguir sempre o blogue e por facer tantas receitas. Unha aperta ben forte. Kukinhas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *