Croque Monsieur & Croque Madame

Croque Monsieur & Croque Madame

croque madame

O croque monsieur e o croque madame son dous dos sanduíches máis saborosos, divertidos, orixinais e cremosos do mundo mundial! Este invento francés fai que o sanduíche mixto de toda a vida pase a ser un auténtico prato gourmet 🙂 E para facelo, só precisamos unha boa bechamel, moito queixo e un toque de forno. A única diferenza entre o monsieur e o madame é que o madame leva ovo, e despois de probalo, quédome definitivamente con este último. Os dous están de vicio, máis o ovo fritido fai que aínda estea maís bo. imos aló!

Ingredientes para 2 sanduíches:

– 4 rebandas de ban de molde (especial torradas para que quede ben gordiño)
– 4 rebandas de queixo
– 4 rebandas de xamón cocido
– bechamel
– queixo relado
– 1 ovo fritido

Preparación paso a paso:

1. Preparamos o bechamel, que ha de quedar cunha textura como a das croquetas, espesa e cremosa.

bechamel

2. Untamos as rebandas co bechamel. Poñemos sobre a bechamel as rebandas de queixo e as de xamón.

croque monsieur

3. Pechamos o sanduíche e engadimos máis bechamel e queixo relado.

croque monsieur

4. Grellamos no forno durante uns minutiños ata que o queixo relado quede ben douradiño.

5. Para o Croque Madame, fritimos un ovo e poñémolo enriba do queixo. E listo!

Xa vedes que é unha receita ben sinxela, máis o resultado é sorprendentemente saboroso! Xa o veredes! Non hai quen non queira repetir despois de probalos 😀 O que fai o bechamel é darlle ao Croque Monsieur (ou Madame) unha textura incriblemente suave, cremosa, e moooi rica! Se sodes daquelas persoas que cando comen lasaña, sempre se deixa a parte de queixo e bechamel para o final, estes croques han ser a vosa perdición! Ñaaam!

Bo proveito!

__________________________________________________

Croque Monsieur & Croque Madame

croque madame

Croque Monsieur and Croque Madame are two of the best sandwiches EVER! They’re different, super tasty, funny, smooth, creamy and soft. These two recipes turn a regular ham and cheese sandwich into a gourmet one everybody will love. To prepare it, we just need some white sauce, some time in the oven and the rest will go smoothly. The only difference between the monsieur and the madame is that the latter has a fried egg on top. And, in my opinion, and after tasting both, I would definitely go for the Croque Madame, the egg makes a difference! Let’s go!

Ingredients for 2 sandwiches:

– 4 slices of sandwich bread (the thicker, the better!)
– 4 slices of cheese
– 4 slices of boiled ham
– homemade white sauce
– grated cheese
– 1 fried egg

Step by step preparation:

1. Prepare white sauce until thick and creamy.

bechamel

2. Speread it on top of all bread slices. Then, add cheese, ham and close the sandwich.

croque monsieur

3. Spread some more white sauce on top and add grated cheese.

croque monsieur

4. Grill sandwich in the oven for some minutes until beautifully golden on top.

5. If you prepare Croque Madame, fry an egg and place it on top. And that’s it!

As you can see, this recipe is veeery simple and incredibly tasty! Every person who tries it, wants to repeat! They’re totally addictive! The white sauce gives these croques a super smooth taste and texture. If you are one of those who get crazy for the top part of the lasagna, where bechamel and cheese meet, this is your recipe. Wait no more and try it right away! You won’t regret it!!!

Enjoy!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *