Fritos de cabaciña / Zucchini fritters

Fritos de cabaciña

fritos

Hai veces que nos costa pensar que facer para acompañar calquera prato de carne ou peixe. Probamos con ensaladas, verduriñas, patacas, mais de cando en cando apetece variar e probar algo diferente. Estes fritos de cabaciña son o acompañamento perfecto para calquera prato, un petisco moi saudábel ou unha cea lixeira e ben saborosa. Para acompañar a cabaciña, nada mellor que cenoria e un bo anaco de queixo Cheddar 😉 Se queredes facer a versión máis saudábel, podedes obviar o queixo, mais botando un chisco, quedará un prato ben lixeiro e, ao derreterse, daralle un toque moi cremoso aos fritos. En canto ao queixo, xa sabedes que podedes empregar aquel que máis vos guste, a min como me gustan case todos, depende un pouco do que teño pola casa nese momento. Desta vez, tocou Cheddar, mais calquera queixo lle ha quedar ben 😀 Imos aló!

Ingredientes:

– 1 cabaciña relada
– 2 cenorias reladas
– queixo Cheddar relado
– 3 ovos
– uns 200 gramos de fariña (dependendo do tamaño dos ovos)
– un chisco de sal

Preparación paso a paso:

1. Mesturamos a cabaciña, a cenoria e o queixo relado.

fritos

2. Engadimos os ovos e a fariña pouco a pouco ata que teñamos a textura desexada.

fritos

fritos

3. Nunha tixola con aceite ben quente, imos botando culleradas de masa e fritíndoas ata que estean douradiñas polos dous lados. E listo!

fritos

É importante non ter o aceite moi quente, pois pode que non se fagan ben por dentro. Por suposto estes fritos pódense preparar con case tódolos ingredientes que podedes imaxinar, polo que é unha receita moi socorrida. Que non sabedes que facer de cear? Pois estes fritos hanvos sacar de moitos apuros. Ovos, fariña e verduriñas, así de sinxelo! E o mellor de todo é que, a pesares da súa sinxeleza e do rápido que se fan, están deliciosos. Se tendes cativallada pola casa é unha moi boa maneira de que coman verduras. Probade e xa veredes como repiten, tanto os pequerrechos como os maiores! 😉 Bo proveito!

_________________________________________________

Zucchini fritters

fritos

That moment in which we have to think what to prepare to eat can become some sort of a nightmare! And the healthier, quick and simple the recipes we know, the better. These zuczchini fritters are an excellent option when we want to eat something healthy, quick and incredibly delicious!!! Either as a side dish, a healthy snack or a light dinner, these fritters are going to become one of your favourite recipes ever! Together with zucchini, and to give an orange colour, we will be using carrot and to make them smoother, some Cheddar cheese. If you want to skip Cheddar, do it, but if you are a cheese-lover, you should totally add it, it rounds the whole fritters experience up. If you fancy any other type of cheese, use it! no matter what cheese you use, it will be as delicious – I give you my (cheese-addict) word! 😀 Let’s go!

Ingredients:

– 1 grated zucchini
– 2 grated carrots
– grated Cheddar cheese
– 3 eggs
– around 200 gr flour (depending on eggs size)
– a pinch of salt

Step by step preparation:

1. Mix grated zucchini, carrot and cheese.

fritos

2. Add eggs and flour until you get the desired texture.

fritos

fritos

3. In a pan with hot oil, add 1 tablespoon of the fritters mixture and let it get golden brown on both sides. And that’s it!

fritos

Oil need to be oil, but not excessively ‘cause fritter have to cook on the inside as well. Of course you may vary ingredients and use any other veggies you like or you have around. With only eggs, flour and veggies, you’ll have a delicious dish everyone will love. And if you have little ones at home, it’s a very good way of making them eat some veggies without even noticing. They will love it and repeat for sure! Enjoy!!! 😀

2 thoughts on “Fritos de cabaciña / Zucchini fritters

    1. Moitas grazas!!! 😀 Seguro que che encantan! Eu fiquei sorprendida polo sabor, non sabía que estarían tan boas ata que as probei! Puro vicio!!! 😛 Apertas!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *