O GRAN RETO

Benvidas e benvidos ao GRAN RETO!

keep-calm-e-participa-no-gran-reto.jpg

Que é isto do gran reto?

O gran reto é un proxecto que pretende crear a maior base de datos de RECEITAS GALEGAS en GALEGO na rede.

Dende hai tempo decatámonos de que as páxinas web con receitas galegas en galego escaseaban moito. Buscar unha receita no buscador directamente en galego e que os resultados amosados mostraran páxinas en galego era case misión imposible.

Por outra banda, a rede dános a oportunidade de mostrar e conservar receitas tradicionais que ata o de agora só se coñecían grazas á transmisión oral, ou de anacos de papel onde acostumamos a apuntar as receitas.

En que consiste?

Consiste en recoller, facer, explicar e dar a coñecer receitas de tódolos recunchos de Galiza para que ningunha receita tradicional máis se perda e todas e todos poidamos ter un acceso a receitas nosas de sempre cun doado click.

E como podo axudar?

Moi sinxelo! Só tes que enviar un correo a kukinhas@kukinhas.com ou a kukinhasblogue@gmail.com coas receitas que levas facendo toda a vida! Non penses que esa receita que tes na cabeza non servirá, seguro que si! Tes receitas apuntadas nun anaco de libreta? Acórdaste daquela receita de biscoito que te ensinaron os teus avós? Os teus veciños fan un guiso que está de vicio? Non o dubides máis!

Envía a túa receita e colabora neste GRAN RETO! Así, conseguiremos que o GALEGO teña máis presenza na REDE e as receitas TRADICIONAIS e GALEGAS se coñezan por toda Galiza!

Por suposto, cada receita levará tódolos datos da súa orixe, quen nola envía, quen lla contou, dende cando a coñece, de que zona é típica, TODO!

4 thoughts on “O GRAN RETO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *