Banoffee Pops

Banoffee pops

banoffee pops

Os que ledes o blogue xa sabedes de sobra que a combinación prátano-doce de leite é unha combinación que me encanta; e os cake pops son unha desas lambonadas modernas que, ademais de ser moi feitiñas, están moi boas. Ás veces, estes pasteis grandes, cheos de adornos, fondant, buttercream e varios pisos chaman moito a atención, mais cando lle metes o dente, fanse secos, sen sabor ou moi doces. Se me dixeran de escoller unha lambonada bonita e saborosa, eses serían os cake pops. Son ideais para a cativada (pois son pequeniños e como teñen o pau non precisan de ninguén que os axude a papalos) e perfectos para agasallar ou para levar como sobremesa a unha festa. Estes, ademais, como son de galleta, non temos que facer ningún pastel antes. Todo vantaxes! Imos aló!

Ingredientes para uns 18 pops:

– 225 gramos de galletas tipo María (un paquete)
– 50 gramos de doce de leite
– 1 prátano
– chocolate branco
– aceite de xirasol
– paus para piruletas

Preparación paso a paso:

1. Picamos as galletas na picadora e o prátano. E engadimos o doce de leite.

banoffee pops

2. Amasamos coas mans pouco a pouco e con paciencia ata que sexamos quen de formar un boliño.

banoffee pops

3. Facemos boliñas duns 20-23 gramos cada unha e refrixeramos durante 30 hora.

banoffee pops

4. Despois, derretemos chocolate branco, mollamos os paus e ímolos introducindo nas boliñas.

banoffee pops

5. Refrixeramos de novo para que o chocolate se poña duro e o pau quede ben “pegado” (uns 20 minutiños).

6. Derretemos chocolate de novo, engadimos aceite de xirasol para que o chocolate quede máis lixeiro e introducimos as boliñas. O mellor é derreter o chocolate nunha cunca pequena e profunda, para que a boliña quede cuberta en canto a mergullemos.

7. Para agardar a que sequen, o mellor é colocalas ou ben nun vasiño con graos de arroz ou ben nas caixas dos ovos, nas puntas que saen no medio con buratiños, como se ve na imaxe. E listo!

banoffee pops

En canto arrefríen, xa estarán máis que listos! De verdade, probade estes feitiños e saborosos banoffee pops e ide con moito coidado porque son adictivos.

banoffee pops

Dos 18 que sairon, xa van alá 13 (e iso entre 2 persoas!), así que con isto xa volo digo todo. Se queredes decoralos, xusto despois de mollalos no chocolate branco, esparexede galleta picada, doce de leite, chocolate negro ou fideos de colores.

___________________________________________________

Banoffee pops

banoffee pops

Those who have ever read this blog know all about my passion for the banoffee flavour and combination. Mixng banana and toffee (or dulce de leche) is one of the sweetest and yummiest combination ever! One thing I love about cake pops is that apart from being delicious, they are super cute! Besides, they’re the perfect sweet treat for kids! They’re small (so they do not eat so much sugar) and they have a pop stick, which makes it easier for kids to grab and eat them. All advantages! And if you happen to have a birthday or any kind of special occasion around, these cake pops are always the best choice. And as these ones are made of biscuits -and not of cake- they’re even quicker! C’mon! Not convinced yet? Try them and you’ll be its biggest fan. Let’s go!

Ingredients for around 18 pops:

– 225 gr Marie biscuits (or digestive cookies)
– 50 gr dulce de leche
– 1 banana
– white chocolate
– vegetable oil (except olive oil)
– pop sticks

Step by step preparation:

1. Process biscuits in a food processor and then banana. And mix both with dulce de leche.

banoffee pops

2. Knead with your hands and a little bit of patience until you can form a dough ball.

banoffee pops

3. Shape little balls of around 20-23 grams each and refrigerate for 30 minutes.

banoffee pops

4. Then, melt chocolate, dip sticks and introduce them in the pops.

banoffee pops

5. Refrigerate again for around 20 minutes or until chocolate is hard.

6. Melt more chocolate and add a tbsp of oil so choc is lighter and easier to dip the pop in. Start dipping all the pops trying to cover them all around. If you use a tall and narrow glass, it will be easier because it will cover the whole pop at once.

7. Place them in a glass with rice or in an egg box using the middle holes until they’re completely dry. And that’s it!

banoffee pops

As soon as they’re cold, they’re ready!

banoffee pops

After just some hours of preparing 18 banoffee pies from the first time, there’s only 4 left, so you can even imagine how delicious they are! If you want to add any decorations, do it just after dipping the pops. You can use dulce de leche, more biscuits, sprinkles or dark chocolate. Enjoy!!!

2 thoughts on “Banoffee Pops

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *