Lasaña vexetariana / Vegetarian lasagna

Lasaña vexetariana

lasaña

Hai uns anos probamos nun restaurante vexetariano unha lasaña que estaba de vicio. Por suposto non levaba carne, mais non soubemos moi ben que era o que levaba, o que si, é que semellaba carne talmente. Despois dun tempo, descubrimos que tal ingrediente era a soia texturizada, un alimento baixo en graxas, rico en proteínas e cun sabor suave e moi agradábel. Dá ben o pego e, se non cho din, probablemente penses que é carne, polo que podedes aproveitar para facerllo a alguén a ver se é quen de adivinar de que está feita a lasaña. Polo demais, os ingredientes de sempre para facer unha boa lasaña rica rica. Para aquelas persoas que sexan veganas, para facer a bechamel, empregaremos aceite de oliva e leite vexetal; e para botar por riba, ou ben queixo vegano ou ben améndoa picada, que lle queda de luxo. Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– 8 pastas de lasaña de espinacas
– 100 gramos de soia texturizada fina
– 1 cenoria
– 1 cabaciña
– prebe de tomate
– manteiga, leite e fariña e noz moscada para a bechamel
– queixo relado

Preparación paso a paso:

1. O primeiro que temos que facer é poñer a soia texturizada a remollo para que colla unha textura máis brandiña. En 10 minutos xa estará lista. Despois escorrémola ben, podemos incluso escorrela coma se fora unha esponxa 😉 E tamén poñeremos as pastas de lasaña a remollo en auga ben quente.

lasaña

2. Fritimos a cabaciña e a cenoria en anaquiños e engadimos o prebe de tomate.

lasaña

3. Botamos tamén a soia xa hidratada e mesturamos ben, deixando que faga chup chup durante uns minutiños.

lasaña

4. Nun molde para forno, facemos unha base de prebe de tomate e poñemos as pastas de lasaña e a mestura de soia, intercalando unhas e outras, como xa sabedes.

lasaña

5. Preparamos a bechamel e botámola tamén por riba cubrindo todo.

lasaña

6. Relamos queixo e enfornamos ata que o queixo estea ben derretido e a bechamel ferva no forno. E listo!

lasaña

Esta lasaña é perfecta para calquera hora do día, a textura e o aspecto da soia texturizada, como vedes, recorda moito á do polo picado, non si? O seu sabor é incrible e, ademais, colle moi ben calquera sabor de especias que lle queirades engadir. Deixade que se mesture ben co resto dos sabores e probade de sal ata que estea ao gusto. É importante tamén escorrela ben para que despois non teña un sabor augado. Probade e xa veredes como se convertirá nunha das preferidas incluso dos que son auténticos amantes do sabor da carne.

________________________________________________

Vegetarian lasagna

lasaña

Some years ago, we went on a trip and we tasted a delicious lasagna in a vegetarian restaurant. Of course, it was a meatless lasagna but we didn’t quite know yet what that ingredient which looked so like meat was. We now know it was TVP (Textured Vetegable Protein) also known as soy meat. It is a very healthy ingredient, low fat, with a high protein content and with a soft and nice flavour. It absolutely looks like meat, you can even try and prepare it for someone else and see if they’re capable of guessing what this lasagna is made of. The rest of the ingredients, as usual with lasagna. If you are vegan, you only need to prepare the white sauce with olive oil and vegetal milk, and either use vegan cheese or some ground almond, delicious! Let’s go!

Ingredients for 2:

– 8 lasagna noodles
– 100 gr soy meat
– 1 chopped carrot
– 1 chopped zucchini
– tomato sauce
– butter, milk, flour and ground nutmeg for the white sauce
– grated cheese

Step by step preparation:

1. The first thing we need to do is to hydrate the TVP until it gets a softer texture. In 10 minutes, it will be more than ready. Then, strain it well, you can even push it like a sponge so all the extra water comes out. And soak as well the lasagna noodles in hot water.

lasaña

2. Fry chopped zucchini and carrot and add tomato sauce.

lasaña

3. Add soy meat and mix well. Let it cook for some minutes.

lasaña

4. In a baking mould, add some tomato sauce to form a base, and place the lasagna noodles and the soy mixture, as we usually do with lasagna 😉

lasaña

5. Prepare the white sauce and cover the lasagna with it.

lasaña

6. Grate cheese on top and bake until it is melted and white sauce bubbles in the oven. And that’s it!

lasaña

This lasagna is perfect for every occasion and as you can see, the texture and appearance of soy meat is so like minced meat! The flavour is really soft but it gets all the flavour from whatever ingredients you use it with. It is important to let TVP cook with the sauce so it gets all the flavours and it does not taste like water. If you try it, I’m sure those people who are absolutely meat-lovers will fall in love with this lasagna. So delicious!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *