Crumpets

Crumpets

crumpets

Hai uns días unha boa amiga que anda por terras británicas mandoume unha foto dos crumpets, e o certo é que eu nunca tal cousa vira, e iso que vivín en Escocia durante case un ano. O caso é que grazas a ela comecei a investigar sobre esta lambonada e resulta que a súa orixe se remonta alá pola época dos Anglo-Saxóns. Alá polo século V, cando os Anglo-Saxóns (e os Xutos, que destes sempre se esquecen) chegaron a Gran Bretaña, de seguro que despois de tantos e tantos kilómetros, chegarían con fame e con gana de lambonear. Ademais da pegada lingüística, cultural e social que deixaron os Anglo-Saxóns na illa, tamén deixaron, como non, a súa pegada gastronómica, e así foi como chegaron os crumpets ata nós. Como ben supoñedes, os ingredientes son ben sinxelos, posto que na época non había nin fondant nin buttercream nin ingredientes complicados cos que facer larpeiradas. Iso si, o seu sabor é incrible! E a súa forma, redonda e moi gordiña, cuns buratiños moi característicos por riba. Probastes algunha vez a dobrar unha filloas e meterlle unha boa trabada? Pois os crumpets saben algo así, como unha explosión de sabor filloíl 😉 Se os Anglo-Saxóns fixeron taaantas cousas ben, coa comida non ían ser menos, va que non? Imos aló!

Ingredientes:

– 200 gramos de fariña
– 5,5 gramos de fermento seco de panadería (un sobriño) [non fermento químico]
– 200 ml de auga morna
– 1 chisco de sal
– 1 chisco de bicarbonato
– 70 ml de leite morno

Utensilios: un ariño de metal redondo para que os crumpets queden redondos e moi gordiños!!!

Preparación paso a paso:

1. Mesturamos a fariña, o fermento e a auga e deixamos que levede durante unha hora.

crumpets

Antes de repousar…

crumpets

Mirade que cambio!

crumpets

2. A continuación engadimos o chisco de sal, o bicarbonato e o leite morno e mesturamos todo moi ben. Non vos preocupedes se baixa a masa, é normal. Mais quedará moi cheíña de burbullas, que é o que importa.

crumpets

3. Untamos unha tixola con manteiga, e tamén o aro, botamos masa dentro, e a lume medio, deixamos que o crumpet se vaia facendo e vaian saíndo as burbulliñas cara arriba. En canto as burbullas comecen a deixar paso aos buratiños, xa lle podemos sacar o aro e darlle a volta uns segundiños, para que se acaben de facer. E listo!

crumpets

crumpets

Para degustalos, só precisamos unha boa manteiga, marmelada, azucre, nutella (a combinación é espectacular!), ou así, sen nada máis. Os crumpets son unha moi boa opción para un almorzo, ou unha sobremesa moi larpeira. Se vos gustan as filloas, as tortiñas, ou as chulas, deveceredes por estes crumpets, xa o veredes! Para ser a primeira vez que os fago -e os probo- podo dicir que estes Anglo-Saxóns sabían larpeirear moooi ben! Bo proveito!!!

_________________________________________

Crumpets

Crumpets

crumpets

Some days ago, a friend of mine which is living in the UK sent me a picture of these lovely crumpets. I must admit I have never heard of them, even though I had been living in Scotland for almost a year. The thing is that, thanks to her, I started to investigate this sweet treat, and I found out that these crumpets are an Anglo-Saxon invention. So old? Yes, ladies and gentlemen, crumpets date back to the 5th century when Angles, Saxons and Jutes arrived to Great Britain. And as invaders always do, they did not only leave their social, cultural and linguistic trace, but also their gastronomic one. Crumpets are like a mountain of pancakes eaten in just one bite! Spongy, fluffy, thick and with those funny holes on top, crumpets are incredibly yummy! Are you ready? Let’s go!

Ingredients:

– 200 gr flour
– 5,5 gr yeast
– 200 ml warm water
– a pinch of salt
– a pinch of baking soda
– 70 ml warm milk

Utensils: a cooking steel ring to give form and thickness to crumpets!!!

Step by step preparation:

1. Mix flour, yeast and water and let it leaven for an hour.

crumpets

Before leavening…

crumpets

What a change!

crumpets

2. Then, add salt, baking soda and milk and mix well. If batter is full of bubbles, we’re in the right track!

crumpets

3. Butter the frying pan and the ring, pour batter inside it and let it cook at a medium heat until bubbles start to appear on top. When these bubbles began to turn into little holes, they’re ready to flip just for a couple of seconds until they’re done on the other side. And that’s it!

crumpets

crumpets

To eat them, just use some butter, jam, sugar, nutella (best combiantion ever!!!) or just like that! Crumpets are the perfect choice for breakfast, brunch, or an extra-sweet dessert! If you like crepes, filloas or pancakes, you’ll fall for these crumpets. Wait no more and prepare them, you know Anglo-Saxons ruled! 😉 Enjoy!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *