Fideuà

Fideuà

fideuà

Esta receita de fideuà é algo distinta á tradicional, de feito, a fideuà (fideuada) tradicional leva uns fideos gordiños cun buratiño polo medio, chamados fideos perla. Xa sei que por estes lares nosos non é un prato que se estile moito, mais si que é un prato que acostuma a gustarnos bastante 😉 Esta versión de fideuà leva fideos finos, finos, deses que empregamos para a sopa e tamén a poñeremos no forno para que queden ben crocantes por riba e súper saborosos. Hai quen acostuma a acompañar esta fideuà con alioli caseiro, mais a min gústame tanto que non son quen de botarllo, pois creo que lle saca moito sabor. Iso xa, a gustos! Para que sexa máis rápida e sinxela, o caldo de peixe e marisco é mercado, mais se tedes a posibilidade de facelo caseiro, non o dubidedes. Imos aló! Continue reading “Fideuà”

Rosas de Sant Jordi / Sant Jordi Roses

Rosas de mazá de Sant Jordi

rosas

Estas rosiñas poden ser o agasallo perfecto para calquera ocasión, xa sexa Sant Jordi, o día da nai ou o día da lambona 😉 Son moi feitiñas, fanse nun plis, quedan de medo e están boísimas! E ademais, só precisamos ingredientes tan sinxelos como mazás e masa de follado. Conta a lenda que cando Sant Jordi matou o dragón que ía devorar á princesa, do seu sangue saiu unha roseira, polo que Sant Jordi colleu unha rosa e doulla á princesa. De seguro que a princesa quedaría aínda máis contenta se esa rosa fora coma estas 😉 Imos aló! Continue reading “Rosas de Sant Jordi / Sant Jordi Roses”

Pa de Sant Jordi

Pa de Sant Jordi

Pa de Sant Jordi

Como ben sabedes, xa quedan poucos días para o día do libro. E, por certo! Se estades pensando en agasallar a alguén cun libro moi larpeiro, divertido, orixinal e cheo de receitas, non dubidedes en botarlle un ollo ao libro de As Lambonadas de Kukinhas! Un libro con receitas paso a paso, con imaxes e receitas para tódalas ocasións! 😀 O caso é que, ademais do día do libro, comeza a ser cada vez máis famosa a Diada de Sant Jordi, ou o día en que os homes agasallan ás mulleres cun libro, e elas a eles cunha rosa…ou era ao revés? 😉 O caso é que, como acostuma a ser xa habitual, estas festas veñen acompañadas dalgunha lambonada ou prato especial. O pan de Sant Jordi é un invento relativamente recente, mais co bo que está non é de estrañar que se convertira tan axiña nunha tradición. Ademais, dentro duns días, tamén aprenderemos a facer unhas comestibles e moooi sabedeiras rosas de Sant Jordi! Polo momento, imos co pan! Continue reading “Pa de Sant Jordi”

Banoffee Pops

Banoffee pops

banoffee pops

Os que ledes o blogue xa sabedes de sobra que a combinación prátano-doce de leite é unha combinación que me encanta; e os cake pops son unha desas lambonadas modernas que, ademais de ser moi feitiñas, están moi boas. Ás veces, estes pasteis grandes, cheos de adornos, fondant, buttercream e varios pisos chaman moito a atención, mais cando lle metes o dente, fanse secos, sen sabor ou moi doces. Se me dixeran de escoller unha lambonada bonita e saborosa, eses serían os cake pops. Son ideais para a cativada (pois son pequeniños e como teñen o pau non precisan de ninguén que os axude a papalos) e perfectos para agasallar ou para levar como sobremesa a unha festa. Estes, ademais, como son de galleta, non temos que facer ningún pastel antes. Todo vantaxes! Imos aló! Continue reading “Banoffee Pops”

Lasaña vexetariana / Vegetarian lasagna

Lasaña vexetariana

lasaña

Hai uns anos probamos nun restaurante vexetariano unha lasaña que estaba de vicio. Por suposto non levaba carne, mais non soubemos moi ben que era o que levaba, o que si, é que semellaba carne talmente. Despois dun tempo, descubrimos que tal ingrediente era a soia texturizada, un alimento baixo en graxas, rico en proteínas e cun sabor suave e moi agradábel. Dá ben o pego e, se non cho din, probablemente penses que é carne, polo que podedes aproveitar para facerllo a alguén a ver se é quen de adivinar de que está feita a lasaña. Polo demais, os ingredientes de sempre para facer unha boa lasaña rica rica. Para aquelas persoas que sexan veganas, para facer a bechamel, empregaremos aceite de oliva e leite vexetal; e para botar por riba, ou ben queixo vegano ou ben améndoa picada, que lle queda de luxo. Imos aló! Continue reading “Lasaña vexetariana / Vegetarian lasagna”