Papas de arroz con Baileys / Baileys rice pudding

Papas de arroz con Baileys

papas de arroz

Comezo a pensar que teño un problema co Baileys. E non é porque colla a botella e me dea ao alcol, mais teño que confesar que case cada vez que penso unha lambonada, fágome esta pregunta…e con Baileys que tal quedaría? 😀 E ás veces, a resposta é: quedaría xenial! (por dicilo suave e para tódolos públicos) E as papas de arroz quedan de luxo co Baileys. Non che son eu moi seareira das papas de arroz e isto é basicamente porque a canela non é santo da miña devoción, mais se mudamos a canela por Baileys… tachaaan!!! A receita de papas de arroz perfectas! Iso si, eu digo Baileys porque cadra que é o que teño pola casa, mais se hai unha cremiña de augardente tamén lle quedará de medo! 😉 Imos aló! Continue reading “Papas de arroz con Baileys / Baileys rice pudding”

Albóndegas recheas / Stuffed meatballs

Albóndegas recheas

albóndegas

Xa había tempo que rondaba pola miña cachola a idea de facer albóndegas caseiras. É ben certo que nunca foron santo da miña devoción, de feito, cando era pequecha, miña nai sempre facía para min hamburguesas e non albóndegas, é dicir, dáballe forma de hamburguesa á mesma carne picada, rebozábaa e fritíia coma se fose unha hamburguesa. E así, a pequena Kukinhas comíaas de marabilla. Xa podedes deducir que era un chisco tiquismiquis con estas cousas porque a carne era a mesmiña. Tamén debo confesar que sigo preferindo as hamburguesas ás albóndegas, mais funme reconciliando con elas e agora xa me gustan algo máis 😉 Desta vez, para darlle un toque diferente, as albóndegas van recheas de queixo e con alfábega. Polo demáis, o de sempre, un prato sinxelo, rápido e si, saborosísimo!!! Imos aló! Continue reading “Albóndegas recheas / Stuffed meatballs”

Barriñas de queixo e nutella / Cheese and nutella bars

Barriñas de queixo e nutella

queixo nutella

Se hai dous ingredientes que quedan ben en lambonadas e que, ademais, gustan moito, son a crema de queixo e a nutella. As tortas de queixo son saborosísimas, e son das receitas máis vistas do blogue. E que dicir das larpeiradas que levan nutella, son éxito asegurado. É por iso que estas barriñas son a sobremesa perfecta para triunfar 🙂 O seu paso a paso é moi doado e rápido. A única pega é que hai que agardar un chisco antes de meterlles o dente; e deixalas repousar na neveira antes de probalas. Polo demais, son todo vantaxes. Iso si, ollo con elas, que son moi aditivas 🙂 Imos aló! Continue reading “Barriñas de queixo e nutella / Cheese and nutella bars”

Champiñóns recheos / Stuffed mushrooms

Champiñóns recheos

champiñóns

Hai receitas que quedan ben, saben ben, son sinxelas, rápidas e, por se fora pouco, saudábeis. E estes champiñóns recheos son unha delas. Ademais, son o petisco perfecto para cando temos convidados, cómense dunha trabada e, ao facerse ao forno, sempre están quentiños e no seu punto. Os recheos poden variar moito, mais desta vez quixen facer unha versión con verduriñas, mozzarella relada e xamón serrano, que sempre casa moi ben cos champiñóns. O xamón serrano farémolo ao forno para que quede ben crocante e moi sabedeiro, xa veredes. Imos aló! Continue reading “Champiñóns recheos / Stuffed mushrooms”

Torta Red Velvet / Red Velvet cake

Torta Red Velvet

red velvet

Se hai unha torta que queda ben bonitiña e que campa un mogollón, esa é a Red Velvet. Esa cor vermella intensa e esa cremiña de queixo que está taaan boa fan que sexa unha das tortas preferidas de moita xente. Despois de poñervos a receita dos cupcakes de Red Velvet, imos agora con esta versión máis grande, unha torta de 3 pisos con recheo de crema de queixo e con crema de queixo por todas partes. Saborosísima!!! Non vos poño foto do corte porque esta torta será papada por outras lambonciñas e lambonciños, así que non lle poderei sacar a foto, mais xa vos imaxinades a pintaza que ten. Incrible! E o paso a paso, do máis sinxelo. Imos aló! Continue reading “Torta Red Velvet / Red Velvet cake”

Croquetas de leituga de mar / Sea lettuce croquettes

Croquetas de leituga de mar

croquetas de algas

Hai uns días merquei unhas pouquiñas algas por varias razón, a primeira é porque xa había tempo que tiña gana de probalas, e cando digo probalas, non é cociñalas, senón literalmente, probalas. Si, semella estrano, mais nunca me vin na oportunidade de probar este manxar tan noso. De xogar con elas na praia acórdome ben, gustábame moito dar masaxes con elas aos demáis (cousas de pícaros, xa sabedes), mais nunca lles puiden meter o dente. A segunda, porque mo pidiran no blogue e, sempre que podo, gústame satisfacer as vosas peticións. E terceira, porque xa que o blogue é galego, que menos que adicarlle un recuncho a un ingrediente tan noso como as algas. A primeira receita tíñaa clara, unhas saborosísimas croquetas. Imos aló! Continue reading “Croquetas de leituga de mar / Sea lettuce croquettes”