Roliños de inverno / Winter rolls

Roliños de inverno

roliños

Despois dos tan coñecidos roliños de primavera, aquí vai unha versión máis de inverno cun recheo diferente, mais moi rico, saudábel, nutritivo e con produtos de tempada. Da outra vez, fixemos os roliños coa pasta de arroz e fritidos, nesta alternativa máis saudábel, farémolos ao forno e con pasta brick, que é esa pasta moi finiña e crocante que se fai moi axiña no forno e é moi lixeira. Ademais, para esta receita, empregamos un ingrediente moi especial: uns cogomelos ostra cultivados por nós mesmos coa axuda de resetea, un proxecto galego moi especial no que se cultivan cogomelos en pousos de café. Se queredes saber máis, non dubidedes en mirar a súa páxina web. Máis abaixo deixarevos unhas imaxes para que vexades que riquiños son estes cogomelos. Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– pasta brick para roliños
– 600 gramos de cogomelos ostra
– 1/2 cebola
– 1/2 pemento vermello
– 1/2 cabaciña
– 1 ovo (para facer unha tortilla francesa)
– prebe soia e sésamo

Antes de poñerme co paso a paso, vouvos ensinar os cogomelos do kit de auto-cultivo de resetea.

resetea

E só hai 5 días entre unha foto e a outra. A que son feitiños?

Preparación paso a paso:

1. Comezamos cortando os cogomelos en tiriñas e fritíndoos cun chisco de aceite. Cando xa estean listos, engadimos un pouco de prebe de soia e sésamo.

roliños

2. Fritimos a cebola, o pemento e a cabaciña en tiras e mesturamos cos cogomelos e a tortilla francesa. Engadimos máis prebe de soia.

roliños

3. Poñemos os redondeliños de masa e enroscamos como facemos sempre cos roliños. (Ver proceso aquí)

roliños

4. Enfornamos ata que a masa estea douradiña e listo!

Xa sabedes que me encantan estas receitas que se fan tan axiña, que son moi doadas, sudábeis, nutritivas e, sobre todo, sabedeiras. Os roliños tamén se poden fritir, mais así, ao forno, son moito máis lixeiros e podemos deixar máis oco para a sobremesa 😉 😉

___________________________________________________

Winter rolls

roliños

After the spring rolls recipe, here you have a different version with winter season products, but as delicious, nutritious and healthy. When we prepared spring rolls, we used rice paper and we fried them, this time and for a change, we used brik pastry and we baked them. This pastry makes winter rolls crunchy and beautifully golden brown. Besides, to prepare this delicious recipe, we used some homegrown oyster mushrooms thanks to “resetea“, a Galician project which proposes the growth of your own oyster mushrooms in coffee grounds. If you want to know more, have a look at their webpage. They are super tender and delicious. You’ll see some pictures below. Let’s go!

Ingredients for 2:

– round brik pastry
– 600 gr oyster mushrooms
– 1/2 onion
– 1/2 red bell pepper
– 1/2 zucchini
– 1 egg (to prepare an omelette)
– soy sauce and sesame seeds

Before going into the step by step, I will show you these two pictures of the homegrown mushrooms:

resetea

Only 5 days from one picture to the other. Incredible, right?

Step by step preparation:

1. Cut oyster mushrooms into strips and fry the, with a little bit of oil. When almost ready, add soy sauce and sesame seeds. Keep for later.

roliños

2. Sautee onion, pepper and zucchini also cut into strips and mix with mushrooms and the eggs omelette. Add more soy sauce.

roliños

2. Over the round brik pastry, add some filling and roll as we usually do with rolls. (You can see the step by step here).

roliños

4. Bake until golden brown and that’s it!

If you are a usual reader of this blog, you know these recipes are my favourites, they’re so quick, simple, healthy and absolutely delicious!!! This rolls can also be deep fried, but bakes are much more healthy and tasty! And thus, you can leave some more space for a good and yummy dessert 😉 😉

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.