Ravioli de cabaciña / Zucchini ravioli

Ravioli de cabaciña

ravioli

Hoxe tráiovos unha receita súper fresca, cremosa e cun sabor suave e intenso. Ademais, faise en 5 minutiños. A cabaciña é un ingrediente moi socorrido na cociña, e xa vedes que se pode empregar para facer unha chea de receitas, e todas moi diferentes. Esta é moi sinxela e o recheo dos ravioli pode variar segundo os ingredientes que teñamos pola cociña ou os que máis nos gusten. Desta vez, o recheo é máis ben clásico, mais un que sempre funciona: queixo gorgonzola, noces e pera. Imos aló!

Ingredientes para uns 10 ravioli:

– 1 cabaciña
– crema de queixo
– queixo gorgonzola (ou queixo azul)
– noces
– 1 pera

Preparación paso a paso:

1. Cortamos a cabaciña en tiriñas finas coa axuda dun pelador.

2. Mesturamos dúas ou tres culleradas de crema de queixo con 2 ou 3 de gorgonzola ata que quede ben mesturado e cunha textura moi cremoseira.

ravioli

3. Picamos unhas noces e engadímolas á crema. Cortamos a pera en rodelas pequenas.

ravioli

4. Poñemos as tiras en cruz e engadimos unha cullerada da mestura de queixo e unha rodela de pera.

ravioli

5. Pechamos as tiras pasando unha de cada vez ata pechar o ravioli.

ravioli

6. Fritímolos na tixola con moi pouquiño aceite e listo!

A pinta é incrible, e só de velos, xa meten cobiza, non si? Pois xa sabedes, con só 3 ou 4 ingredientes, teredes uns ravioli de cabaciña estupendos. Ademais, é unha receita sen gluten e moi saudábel.
Bo proveito!!!

_______________________________________________________________

Zucchini ravioli

ravioli

This recipe is fresh, smooth, and with a soft but intense flavour. Besides, you only need 5 minutes to prepare it! Zucchini is a so versatile ingredient that we have already made lots of recipes with it, each of one being very different from the rest, and as delicious! This recipe is very simple and you may vary the fillings depending on what you have around or what you most like. This time, I tried them with one of the classics: gorgonzola, nuts and pear. Let’s go!

Ingredients for 10 ravioli:

– 1 zucchini
– cream cheese
– gorgonzola cheese
– walnuts
– 1 pear

Step by step preparation:

1. Cut zucchini in strips using a peeler or a mandoline cutter.

2. Mix 2 or 3 tbsp cream cheese with 2 or 3 of gorgonzola cheese until it’s all well mixed and smooth.

ravioli

3. Chop walnuts finely and add them to the cream. Slice the pear.

ravioli

4. Put strips forming a cross, add a tbsp of cheese and a slice of pear.

ravioli

5. Close strips by passing all sides over the filling, thus shaping the ravioli.

ravioli

6. Fry them in a pan with a little bit of oil and that’s it!

They look incredibly good, right? Best ravioli ever! Besides, they’re gluten freen and guilt free – so healthy! With just 3 or 4 ingredients, you’ll have this delicious ravioli ready to be bitten!
Enjoy!!!

1 thought on “Ravioli de cabaciña / Zucchini ravioli

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *