Bunyols

Bunyols

bunyols

Hoxe tráiovos unha receita catalana típica da cuaresma. Aínda que na Galiza tamén acostumamos a facer chuliñas, o certo é que a preparación destes bunyols é ben diferente, e é por iso polo que deixo o nome en catalá, para que non haxa confusión coas nosas chulas. A receita é, coma sempre, sinxela e rápida, e non quedan nada aceitosos. E os ingredientes son deses que sempre temos pola casa, polo que é unha receita moi socorrida para cando queremos facer unha sobremesa sen ter que mercar moitos ingredientes diferentes. Imos aló! Continue reading “Bunyols”

Roliños de inverno / Winter rolls

Roliños de inverno

roliños

Despois dos tan coñecidos roliños de primavera, aquí vai unha versión máis de inverno cun recheo diferente, mais moi rico, saudábel, nutritivo e con produtos de tempada. Da outra vez, fixemos os roliños coa pasta de arroz e fritidos, nesta alternativa máis saudábel, farémolos ao forno e con pasta brick, que é esa pasta moi finiña e crocante que se fai moi axiña no forno e é moi lixeira. Ademais, para esta receita, empregamos un ingrediente moi especial: uns cogomelos ostra cultivados por nós mesmos coa axuda de resetea, un proxecto galego moi especial no que se cultivan cogomelos en pousos de café. Se queredes saber máis, non dubidedes en mirar a súa páxina web. Máis abaixo deixarevos unhas imaxes para que vexades que riquiños son estes cogomelos. Imos aló! Continue reading “Roliños de inverno / Winter rolls”

Galletas de manteiga / Butter cookies

Galletas de manteiga

galletas de manteiga

Pasouvos algunha vez que despois de facer unhas galletas de manteiga caseiras, ao probalas, non sabían tan a manteiga como esperavades? A min, varias veces. Xa levaba tempo e tempo facendo distintas receitas de galletas, cambiando ingredientes, engadindo máis ou menos manteiga, para que realmente tiveran sabor a manteiga, como aquelas danesas da mítica caixa azul (si, esa que tamén se empregaba, entre outras cousas, como costureiro). E ata o de agora, non conseguira ningunhas que realmente me gustaran tanto como esas. Mais isto mudou esta semana, cando despois de tanta proba, dei coa receita perfecta para facer unhas galletas danesas con sabor a manteiga tan saborosas como as de sempre. Por fin!!! E sabedes que é o mellor de todo? Que só fan falta 3 ingredientes. Podo dicir, sen medo a trabucarme, que estas son as galletas máis saborosas, sinxelas e rápidas que fixen nunca. E dixen xa o boas que están? Puro vicio! Iso sí, recoméndovos que fagades unha pequena inversión e merquedes unha manteiga de calidade, xa veredes como se nota a diferenza. Imos aló! Continue reading “Galletas de manteiga / Butter cookies”

Ravioli de cabaciña / Zucchini ravioli

Ravioli de cabaciña

ravioli

Hoxe tráiovos unha receita súper fresca, cremosa e cun sabor suave e intenso. Ademais, faise en 5 minutiños. A cabaciña é un ingrediente moi socorrido na cociña, e xa vedes que se pode empregar para facer unha chea de receitas, e todas moi diferentes. Esta é moi sinxela e o recheo dos ravioli pode variar segundo os ingredientes que teñamos pola cociña ou os que máis nos gusten. Desta vez, o recheo é máis ben clásico, mais un que sempre funciona: queixo gorgonzola, noces e pera. Imos aló! Continue reading “Ravioli de cabaciña / Zucchini ravioli”

Globos de chocolate / Chocolate balloons

Globos de chocolate

chocolate balloons

Hai uns días, navegando pola rede, vin estas cuncas de chocolate que se facían mollando globos en chocolate desfeito e pensei: “este esperiemento teño que probalo si ou si!” O certo é que non é moi sinxelo, mais o resultado é moi chulo. Para engadirlle un toque persoal, decidín facelas con dous chocolates e así facer unhas cuncas cun sabor semellante ao dos ovos kinder, con chocolate branco por dentro e negro por fora. E si, parécese e están boísimas. O recheo pode variar moito, eu escollín amorodos con nata para darlle un toque vermello para o día dos namorados, mais calquera cousiña que vos guste ha quedar ben. Imos aló! Continue reading “Globos de chocolate / Chocolate balloons”

Peitugas recheas / Chicken breast stuffed

Peitugas recheas

peitugas recheas

O máis complicado desta receita de peitugas recheas é abrir as peitugas, mais non vos compliquedes moito con esta parte, podedes pedilo na carnizaría ou ir pouco a pouco abríndoas co coitelo. Non importa se non quedan perfectas, as miñas tampouco quedaron e non abriron nin me fixo falta poñerlles escarvadentes nin fíos. Para facelas, pódense facer ou ben no forno ou ben fritidas na tixola. Eu fritinas e quedaron estupendas, sen aceite de máis, moi zumarentas e fixéronse moito máis rápido que no forno. Para o recheo, empregamos o máis típico, xamón e queixo, cun acompañamento de prebe de trompetas da morte. E estaba todo rico rico! Imos aló! Continue reading “Peitugas recheas / Chicken breast stuffed”