Flan cremoso / Smooth creme caramel

Flan cremoso

flan

O certo é que hai unha infinidade de receitas de flan e admite unha chea de sabores que fan que cada un de nós teñamos o noso favorito. Despois de facer o máis clásico, de queixo, de castañas, ou de cabaza, tocaba unha receita que tamén é moi popular, un tipo de flan máis cremoso, cunha textura agarimosa e un sabor suave, mais moi saboroso. Ide con moito ollo, que é moi aditivo! 😀 En só 10 minutiños, deuse boa conta del, e iso que non é pequeno, así que con iso xa vos digo todo. Imos aló!

Ingredientes:

– 4 ovos
– 1 lata de leite condensado
– 200 ml de nata 35% M.G.
– 150 ml de leite
– caramelo (para facelo caseiro, receita aquí)

Preparación paso a paso:

1. Preparamos o caramelo e botámolo sobre o molde.

2. Mesturamos ben tódolos ingredientes e botámolos sobre o caramelo, xa duro.

flan

3. Poñemos a flaneira ao baño maría nunha pota ou ben no forno (190º) e deixamos que se faga durante uns 45 minutos ou ata que vexamos que xa está duriño. E listo!

flan

O mellor é facelo o día anterior, así, o flan quedará máis duriño e ben enchoupado de caramelo. Mmmmmm, riquísimo! Agora só queda darlle a volta con moito tino e xa está. Ao levar a nata e o leite condensado, a súa textura é moi cremosa e suave. Non quedará doce de máis, polo que quedará perfecto para ir tomando con caramelo. Unha combinación especialmente saborosa, xa veredes! Bulide e poñédemos a preparar esta súper receita de flan cremoseiro, que como pudestes comprobar, ten unha preparación ben rápida e sinxela. Bo proveito!

_________________________________________________________

Smooth creme caramel

flan

The truth is that there are lots of creme caramel recipes and you can try so many flavours everyone ends up having their own favourite one. After the classic one, that with chestnuts, pumpkin or cheese, it was about time of a quite popular recipe which results in a super smooth and soft creme caramel. Its flavour is intense and not very sweet, which makes it perfect to combine with homemade caramel! Yummy! Just telling you it lasted only 10 minutes on the table, no more to say! 😉 Let’s go!

Ingredients:

– 4 eggs
– 1 can condensed milk
– 200 ml whipping cream
– 150 ml milk
– caramel (homemade recipe here)

Step by step preparation:

1. Prepare homemade caramel and pour it over the mould.

2. Mix all ingredients and pour the mixture over the caramel, already hard.

flan

3. We can either do it in a double boiler or in the oven (190ºC/375ºF) for around 45 minutes or until we see it’s hard. And that’s it!

flan

Simple, quick and traditional recipes like this one are usually the most flavourful. You won’t spend a lot of time in the kitchen and the only difficulty it has is having to wait for it to be done 😉 If you want it even better, prepare it the previous day, so caramel gets all over it! Wow! Delicious!!! C’mon! Be quick and prepare this super delicious recipe. I was not, until now, a very big fan of creme caramels, but this blog allows me to have the opportunity of trying so many different recipes, that I now must admit I’m one of its biggest fans 😉 Enjoy!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *