Jacket potatoes

Jacket potatoes

Jacket Potatoes

Cando descubrín por primeira vez as jacket potatoes, andaba eu alá por terras escocesas e foi unha desas receitas que me fixo pensar que despois de todo a gastronomía da Gran Bretaña non é tan mala como acostuman a pintala. O proceso non é moi rápido, porque o tempo de forno para que a pataca quede ben asada é bastante longo, mais todo o tempo empregado paga ben a pena polo resultado. Unha pataca brandiña por dentro e crocante e seca por fora. O recheo xa depende dos gustos que cada quen. Aquí, póñovos unha das receitas máis típicas. Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– 4 patacas xeitosas
– aceite de oliva e sal
– queixo Cheddar
– crema de queixo ou crema agria
– xamón serrano ou panceta fritida
– ceboliño

Preparación paso a paso:

1. Lavamos ben as patacas, untámolas de aceite e engadimos ben de sal, tamén coas mans 😉

jacket potatoes

2. Poñémolas no forno a 200º durante uns 50-60 minutos ou ata que cravando un garfo no medio este saia con facilidade.

3. Relamos o queixo, picamos o ceboliño, cortamos o xamón serrano en anaquiños e remexemos un chisco a crema de queixo ata que quede ben cremoso. Se empregamos panceta, fritímola e cortámola en anacos.

jacket potatoes

4. Cando as patacas xa estean a punto, facémoslle un corte ao longo e abrímolas, facendo un puré co garfo coa carne da pataca que queda no oco.

jacket potatoes

5. Metemos o queixo relado dentro, sede xenerosos 😛

jacket potatoes

6. Volvemos meter as patacas no forno uns 3 minutiños ou ata que o queixo se derreta ben.

jacket potatoes

7. Poñemos o xamón ou a panceta picada.

jacket potatoes

8. E engadimos a crema de queixo (ou a crema agria) e o ceboliño picado. E listo!

Para facer esta receita, o mellor é empregar patacas máis ben longas, así o recheo quedará máis repartido por toda a pataca. As cantidades dependen dos vosos gustos, o queixo Cheddar quédalle de medo, así que botade ben del 😉 O máis típico é engadirlle crema agria, mais como desta vez non a atopei, boteille crema de queixo, e tamén lle queda moi ben, así que se tampouco atopades a crema ou non vos gusta, probade coa crema de queixo. Tanto unha como outra dánlle á jacket potato, un toque fresco que queda súper xenial!!! Así que animádevos que están divinas!!! Bo proveito 😉

___________________________________________________

Jacket potatoes

Jacket Potatoes

When I discovered Jacket potatoes for the first time, I was in Scotland and it was one of those recipes that made me realise British cuisine is not so bad after all, as people usually said. The step by step is not very quick, because potatoes take long time to cook in the oven, but all the time it takes is really worthy! These potatoes will be tender and soft on the inside and crunchy on the outside. Filling may vary on your choise, but this one I show you is the most typical.

Ingredients:

– 4 potatoes
– olive oil and salt
– Cheddar cheese
– cream cheese or sour cream
– serrano ham or fried bacon
– chives

Step by step preparation:

1. Wash potatoes and spread oil and salt, let’s get dirty 😉

jacket potatoes

2. Bake them at 200ºC/400ºF for around 50-60 minutes or until a fork inserted in the middle comes out easily.

3. Grate cheese, chop chives finely and chop bacon or serrano ham. Mix cream cheese or soured cream a bit, so they’re smoother.

jacket potatoes

4. When potatoes are almost ready, cut them all along and open them with a fork, making some kind of puree, so we can make some space to fill it with lots of yummy cheese!

jacket potatoes

5. Add grated cheese and be generous 😛

jacket potatoes

6. Bake for 3 minutes more or until cheese is melted.

jacket potatoes

7. Add bacon or ham.

jacket potatoes

8. Add cream cheese (or sour cream) and chives. And that’s all folks!

The longer the potatoes, the better, so filling is all over them. I’m not telling you about exact quantities, cause that depends on the servings and on those ingredients you like most! If you are not a fan of sour cream, you can use cream cheese, both ingredients add a fresh touch to potatoes so they’re very necessary. Waste no more time and prepare these extra tasty jacket potatoes!!! They’re incredible! 😉

4 thoughts on “Jacket potatoes

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *