Aguacate con gambas / Avocado with shrimps

Aguacate con gambas

aguacate con gambas

Cada ano, polo meu aniversario, sempre hai dous pratos que están sempre presentes na paparota festeira. Un deles é a xa mítica, típica e sempre saborosa Torta de flan, chocolate e galletas, e o outro é este, aguacate con gambas. Aínda non sei moi ben como comezou esta tradición, mais si sei porque se repite ano tras ano, porque é un prato moi sinxelo, rápido e saborosísimo!!! Ademais, se facemos o prebe caseiro, é un prato saudábel e nutritivo. Imos aló! Continue reading “Aguacate con gambas / Avocado with shrimps”

Flan cremoso / Smooth creme caramel

Flan cremoso

flan

O certo é que hai unha infinidade de receitas de flan e admite unha chea de sabores que fan que cada un de nós teñamos o noso favorito. Despois de facer o máis clásico, de queixo, de castañas, ou de cabaza, tocaba unha receita que tamén é moi popular, un tipo de flan máis cremoso, cunha textura agarimosa e un sabor suave, mais moi saboroso. Ide con moito ollo, que é moi aditivo! 😀 En só 10 minutiños, deuse boa conta del, e iso que non é pequeno, así que con iso xa vos digo todo. Imos aló! Continue reading “Flan cremoso / Smooth creme caramel”

Jacket potatoes

Jacket potatoes

Jacket Potatoes

Cando descubrín por primeira vez as jacket potatoes, andaba eu alá por terras escocesas e foi unha desas receitas que me fixo pensar que despois de todo a gastronomía da Gran Bretaña non é tan mala como acostuman a pintala. O proceso non é moi rápido, porque o tempo de forno para que a pataca quede ben asada é bastante longo, mais todo o tempo empregado paga ben a pena polo resultado. Unha pataca brandiña por dentro e crocante e seca por fora. O recheo xa depende dos gustos que cada quen. Aquí, póñovos unha das receitas máis típicas. Imos aló! Continue reading “Jacket potatoes”

Cheesecake de nutella / Nutella cheesecake

Cheesecake de nutella

nutella cheesecake

Hoxe tráiovos unha receita ben perigosa, e dígoo con moito coñecemento de causa, porque resulta case imposible non probala unha, dúas, ou dez veces mentres se prepara. Está boísima!!! Unha torta de queixo con sabor a nutella que se fai en 10 minutos e é puro vicio! Iso si, saudábel xa vos digo que non o é, mais ás veces ben paga a pena facer o esforzo e probar estas delicias tan saborosas. Así que se sodes seareiras das tortas de queixo, da nutella ou das oreo, esta é a vosa sobremesa perfecta. Non enredo máis e imos aló! Continue reading “Cheesecake de nutella / Nutella cheesecake”

Chop Suey

Chop Suey

chop suey

O Chop Suey ven sendo, literamente, anaquiños mesturados, polo que é un prato no que empregamos distintas verduras e carne (seitán -como neste caso- ou tofu) cortadas en tiriñas. O bo desta receita é que non empregaremos nada de aceite e faremos tanto as verduras como a carne con só prebe de soia. Así, quedarán máis suaves, tenras e cheas de sabor. Podedes empregar as verduras que máis vos gusten ou a carne que prefirades. Tamén é unha moi boa opción para cando temos carne ou verduras que nos sobraron doutras receitas. Imos aló! Continue reading “Chop Suey”

Granadas ao viño / Pomegranates with wine

Granadas ao viño

granadas

Despois das paparotas do Nadal, que mellor que unha sobremesa lixeira e con produtos de tempada. A granada é unha froita moi saborosa e nutritiva, e das moitas cualidades do viño xa nin falamos, que son de todos ben coñecidas. Ademais, aproveito para deixarvos un pequeno kukitruquiño para despolpar a granada a lume de carozo e sen complicacións. Imos aló! Continue reading “Granadas ao viño / Pomegranates with wine”