Berenxenas á parmesana / Aubergines parmigiana

Berenxenas á parmesana

berenxenas

A miña devoción polas berenxenas xa é algo ben sabido por todas aquelas persoas que len o blogue, polo que estaba claro que esta receita non había tardar en aparececer por aquí! As berenxenas á parmesana son unha receita ben sinxela, rápida e saudábel, sendo os seus ingredientes básicos as berenxenas e o prebe de tomate natural con alfábega. Para aquelas persoas intolerantes á lactosa ou que non lles presta o queixo; anacardos, améndoas ou noces de macadamia picadas ben finiñas tamén lle quedan moi ben. Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– 1 berenxena ben grande ou 2 máis pequenas
– 1 cebola
– 1 allo
– ourego fresco
– prebe de tomate natural
– alfábega fresca
– queixo parmesano relado
– mozzarella fresca
– pan relado

Preparación paso a paso:

1. Cortamos as berenxenas e deixámolas con sal ata que boten a auga, así estarán menos amargas e absorberán menos aceite.

berenxenas

2. Lavámolas ben, secámolas e fritímolas na prancha ata que estean douradiñas.

berenxenas

3. Preparamos o prebe fritindo a cebola e o allo ben picadiños. Engadimos tamén o ourego picadiño.

berenxenas

4. Botamos o prebe de tomate natural e a alfábega picada e deixamos que reduza durante uns 10 minutiños.

berenxenas

5. Botamos o prebe na base do molde e cubrimos cunha capa de berenxenas.

berenxenas

berenxenas

6. Engadimos máis prebe e esparexemos o queixo relado, repetindo este proceso ata a última capa.

berenxenas

7. Na última capa, cubrimos co prebe de tomate, o queixo relado e un chisco de pan relado.E para rematar, poñemos uns anaquiños de mozzarella fresca.

berenxenas

8. Enfornamos a 190º ata que ferva por abaixo e o queixo estea douradiño por riba. E listo!

Como vedes, ten unha pinta estupenda e resulta unha receita cun sabor incrible!!! Se non tendes alfábega ou ourego frescos, podedes, por suposto, empregar dos secos. É, ademais, unha receita moi lixeira, que nos ha de vir moi ben para estas datas previas ao Nadal 😉 Se probades, seguro que vos encanta! Eu xa estou desexando voltar a facelas! Que riiicaaas!!! 😛

_______________________________________________

Aubergines parmigiana

berenxenas

My love for aubergines is something every reader of this blog knows, so it was just a matter of time this recipe appeared in it 😉 Aubergines alla parmigiana is a quick, healthy and very tasty dish, being the basic ingredients aubergines and natural tomato sauce with basil. For those who don’t like cheese or are lactose intolerant can use finely chopped cashews, almonds or Macadamia nuts instead. Ok, let’s go!

Ingredients for 2:

– 1 big aubergine or 2 small ones
– 1 onion
– 1 garlic
– fresh oregano
– natural tomato sauce or grated tomato
– fresh basil
– grated parmesan cheese
– fresh mozzarella
– breadcrumbs

Step by step preparation:

1. Slice aubergines, salt them and wait for at least 30 minutes. Thus, aubergines will be less bitter and absorb less oil.

berenxenas

2. Wash them, dry and sauté in a grill pan until golden on both sides.

berenxenas

3. Let’s prepare the sauce! Fry finely chopped onion and garlic and fry them together with chopped fresh oregano.

berenxenas

4. Add tomato sauce and chopped fresh basil and let it simmer for around 10 minutes.

berenxenas

5. Cover the base of the baking mould with this sauce and then place the aubergines.

berenxenas

berenxenas

6. Add some more sauce, spread grated parmesan cheese and repeat the process up to the last layer.

berenxenas

7. When finished, add sauce, cheese and breadcrumbs. And then, some chopped fresh mozzarella.

berenxenas

8. Bake at 190ºC/375ºF until it boils and cheese is golden brown. And that’s it!

As you see, this recipe is really simple and extremely flavourful!!! If you don’t have fresh basil or oregano, use dry ones, but if you have the opportunity of using fresh ones, do it! I have some oregano and basil plants at home, and the difference is really huge 🙂 Being the first time I prepare this dish, I am especially happy with the result! The texture is smooth and soft, cheese and breadcrumbs are crunchy on top and the flavour is…wow…unbelievable!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *