Pementos recheos / Stuffed peppers

Pementos morróns recheos de couscous e verduriñas

pementos recheos

Despois de tanta lambonada, boa falta fai unha receita máis saudábel e lixeira, non si? Os pementos morróns están moi bos e o couscous con curry e verduriñas é unha desas receitas das que nunca cansas e farías unha e outra vez. E se o xuntamos todo…unha marabilla! Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– 1 pemento morrón verde ou vermello
– 80 gramos de couscous
– curry
– 1 cabaciño
– 1 berenxena pequena ou 1/2 grande
– prebe de tomate natural
– ourego
– queixo relado

Preparación paso a paso:

1. Cortamos os pementos ao medio sen sacarlles o rabiño e botámoslle sal. Poñémolos sobre un molde para o forno cun chisco de aceite na base.

stuffed peppers

2. Por outra banda, preparamos o couscous segundo indique o paquete. Normalmente ven sendo a mesma cantidade de auga que de couscous, ponse a ferver a auga e en canto ferva apágase o lume e bótase o couscous. Deixase repousar e xa está. Eu, á auga, xa lle engado sal e o curry, para que quede así ben amareliño e cheo de sabor.

stuffed peppers

3. Fritimos as verduras cortadas en anacos e engadimos o prebe de tomate e o ourego.

stuffed peppers

4. Mesturamos o couscous e as verduras e recheamos os pementos. Botamos queixo por riba e ao forno!

stuffed peppers

5. Enfornamos a 180º ata que vexades que o pemento está ben feito. E listo!

Que bos están estes pementos recheos! Aínda eu, que teño que recoñecer que non son moi seareira dos pementos, así recheos encántanme! Así que se tendes pola casa a máis xente coma min, probade esta receita e xa veredes como devecen por eles. E o recheo pode variar segundo o que máis vos guste ou os ingredientes que teñades pola casa, incluso para empregar carne, peixe ou outras verduras que nos queden doutra receita. Bo proveito!

___________________________________________________

Bell peppers stuffed with couscous and veggies

pementos recheos

After so many sweet recipes, we need some recipes like this one, simple and healthy, don’t we? Bell peppers are really delicious and if you stuffed them with couscous, curry and veggies, it becomes one of the most delicious and easiest recipes in the world! So let’s go!

Ingredients for 2:

– 1 red or green bell pepper
– 80 gr couscous
– curry
– 1 zucchini
– 1 small eggplant or 1/2 big
– natural tomato sauce
– oregano
– grated cheese

Step by step preparation:

1. Cut bell pepper in two and salt. Put each half over a baking mould and spread some oil on its base.

stuffed peppers

2. Then, prepare couscous following the package instructions. Couscous is usually prepared like this, you boil the same quantity of water than of couscous, when boiling, turn off heat, add couscous and allow to settle. I already add water and curry to the water, thus, it gets more flavour! 😀

stuffed peppers

3. Sautee chopped veggies, and add tomato sauce and oregano.

stuffed peppers

4. Mix couscous and veggies and stuff peppers with this mixture. Top with some grated cheese and straight to the oven!

stuffed peppers

6. Bake at 180ºC/360ºF until pepper is fully cooked and soft. And that’s it!

These stuffed peppers are delicious!!! I am not even a huge fan of bell peppers, but in this recipe, I absolutely love them! Couscous is one of my favourite dishes, so simple, quick and delicious! But of course, couscous is just an idea, you can stuff bell peppers with your own favourite ingredients, or with some meat or fish you have from other recipes. Anyway, no matter the ingredients you use, these stuffed bell peppers are incredibly tasty!!! Enjoy!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *