Turrón de té verde matcha / Matcha nougat

Turrón de té verde matcha

matcha nougat

A verdade, non sei se xa volo confesei antes algunha vez, non son moito dos turróns de sempre, polo que cada Nadal tócame discurrir algún con chocolate para poder deleitarme como toca nestas datas 😀 O meu amor polo té verde matcha xa o sabedes de sobra, así que este ano tocou xuntar as miñas dúas paixóns lambonas (entre moitas outras), o chocolate branco e o té verde matcha. Imos aló! Continue reading “Turrón de té verde matcha / Matcha nougat”

Lentellas veganas / Vegan lentils

Lentellas veganas

vegan lentils

Que si, que as lentellas están moi boas co seu choriciño ou un bo pé de porco, máis de cando en cando non ven mal facer unhas lentelliñas cun chisco menos de graxa, non si? Ademais, non fan falla moitos ingredientes para que as lentellas saian saborosísimas, cunhas verduriñas e moito agarimo, sairán riquísimas! Desta vez, e para probar, tamén lle botei uns anacos de chourizo vegano, mais normalmente non o emprego e están igual de sabedeiras. Imos aló! Continue reading “Lentellas veganas / Vegan lentils”

Crumble de mazá / Apple crumble

Crumble de mazá

Crumble

O crumble de mazá é unha das sobremesas perfectas para o Nadal, lixeiro, sinxelo, rápido e quentiño 🙂 E para darlle un toque especial, engadirémoslle un chisco de crema de augardente e unhas améndoas, tan típicas nos produtos do Nadal 😀 A receita faise nun plis e está absolutamente de medo. Imos aló! Continue reading “Crumble de mazá / Apple crumble”

Roliños de shiitake / Shiitake wraps

Roliños de shiitake

shiitakes

Estes roliños de shiitakes e verduras con prebe de soia son un prato ben xeitoso e socorrido para eses días nos que queremos comer algo saudábel sen ter que pasar moito tempo na cociña e con ingredientes ben sinxelos de atopar. Os shiitakes son uns cogomelos cun sabor moi intenso e diferente, e o prebe de soia quédalles de medo, xa veredes! Imos aló! Continue reading “Roliños de shiitake / Shiitake wraps”

Castañas en almibre / Chestnuts in syrup

Castañas en almibre

castañas almibre

Unha receita moi lambona e saborosa para conservar durante todo o ano un dos froitos máis típicos do noso outono: as castañas. Un almibre con toques de anís, canela e vainilla, que casa perfectamente co sabor das castañas. Faise nun plis e está de vicio! Podedes conservalas nun bote durante un tempo para que collan máis o sabor do almibre, ou deixalas uns diíñas, se non sodes quen de agardar máis 😉 Imos aló! Continue reading “Castañas en almibre / Chestnuts in syrup”

Berenxenas á parmesana / Aubergines parmigiana

Berenxenas á parmesana

berenxenas

A miña devoción polas berenxenas xa é algo ben sabido por todas aquelas persoas que len o blogue, polo que estaba claro que esta receita non había tardar en aparececer por aquí! As berenxenas á parmesana son unha receita ben sinxela, rápida e saudábel, sendo os seus ingredientes básicos as berenxenas e o prebe de tomate natural con alfábega. Para aquelas persoas intolerantes á lactosa ou que non lles presta o queixo; anacardos, améndoas ou noces de macadamia picadas ben finiñas tamén lle quedan moi ben. Imos aló! Continue reading “Berenxenas á parmesana / Aubergines parmigiana”