Roliños de nutella e froitas
Unha sobremesa para relamber os dedos e que, ademais, faise en 15 minutiños e con ingredientes deses que sempre temos pola casa. Unha lambonada das boas!!! E iso que lle botamos froita, por iso de compensar 😉 Así que os que teñades kiwis da horta, aproveitade, que á nutella vanlle de medo. E o ben que van as larpeiradas con chocolate agora no inverno, cousa rica 😀 Imos aló!
Ingredientes:
– pan de molde sen codia
– nutella
– froitas: kiwis, mandarinas
– 1 ovo
– 30 ml de leite
– 1 culleradiña de vainilla
– azucre
– canela moída
– manteiga para fritir
Preparación paso a paso:
1. Cun rolo de amasar, aplanamos as rebandas de pan de molde sen codia.
2. Despois, botamos a nutella ata cubrir uns 2/3 da rebanda.
3. Colocamos as froitas e enrodelamos a rebanda, pechándoa despois cun chisco máis de nutella.
4. Mesturamos o ovo, a vainilla e o leite e mollamos os roliños.
5. Fritimos con manteiga ata que estean douradiños.
6. E despois mergullámolos no azucre mesturado coa canela ata que estean ben recubertos. E listo!
Xa vedes que non ten complicación ningunha, fanse nun vira-vira e ademais están boísimos!!! Mirade que pintaza!!!
Non agardedes máis e probade, xa veredes como non pararedes de facelos unha e outra vez 😀 Con esta súper receita, sempre teredes unha sobremesa ben churrusquiña e ben sabedeira a man para cando se presente calquera convidado, ou para cando temos o día lambón e non queremos enredar de máis na cociña. Bo proveito!!!
__________________________________________________
Nutella and fruit rolls
Wow!!! This sweet recipe is absolutely fantastic! And we just need 15 minutes and some ingredients we always have around to prepare it 😀 Oh yeah! We added a bit of fruit to make up for all the extra sweetness, you know 😉 So, if you have any homegrown fruit around, you can use it for sure, nutella just makes everything a little bit better! Sugar? Yes, please!!! Let’s go!
Ingredients:
– no crust sliced bread
– nutella
– fruit: kiwis, tangerines
– 1 egg
– 30 ml milk
– 1 tsp vanilla essence
– sugar
– grouns cinnamon
– some butter to grease the pan
Step by step preparation:
1. Flatten bread slices with a rolling pin.
2. Then, add nutella covering 2/3 of the slice.
3. Place chopped fruit and then roll, closing each roll with some more nutella.
4. Mix egg, vanilla and milk and soak each rool in this mixture.
5. Spread some butter over a frying pan and fry the rolls until golden brown on both sides.
6. Then, coat them in the sugar and cinnamon mixture until they’re all sweet! And that’s it!
As you can see, you will need more time to read the recipe than to actually do it. Look how delicious it looks on the inside!
They are super addictive, so be ready to prepare these nutella rolls once and again! If you happen to have any unexpected guests at home, this dessert is so simple, quick and delicious that is the best option! Or just when we feel like eating something reeeally sweet and yummy and not hacing to spend a lot of time in the kitchen! Enjoy!!!