Tortiñas de cabaza / Pumpkin pancakes

Tortiñas de cabaza

pancakes

Coa cabaza pódense facer moitas sobremesas, de feito, neste blogue xa temos unhas cantas: chuliñas de cabaza, flan de cabaza, ou torta de cabaza e oreo. Estas tortiñas son ben sinxelas, e a cabaza non só lles dará un sabor incrible, senón tamén fará que estas tortiñas sexan súper esponxosas. Ademais, as especias daranlle un toque exótico e moi orixinal. Imos aló!

Ingredientes:

– 275 gramos de cabaza
– un chisco de xenxibre, noz moscada e canela
– un belisco de sal
– 100 ml de leite
– 100 gr de fariña
– 50 gramos de azucre
– 1 ovo

Preparación paso a paso:

1. Pelamos a cabaza, cortámola en anaquiños e cocémola no microondas durante uns 10 minutos ou ata que estea brandiña.

IMG_9649

2. Facemos un puré.

pancakes

3. Engadimos o resto dos ingredientes e mesturamos todo moi ben.

IMG_9652

4. Nunha tixola cun chisco de aceite ou manteiga, imos facendo as tortiñas a lume moi baixo para que se fagan pouco a pouco, uns 3 minutiños por cada lado. E listo!

pancakes

Podemos acompañar estas tortiñas de cabaza con sirope, mel, banana, froitos vermellos ou froitos secos. Se preparamos estas tortiñas tan saborosas para o almorzo, o día só pode ir a mellor 😉 Animádevos e xa veredes como repetides! Que vivan as tortiñas!!!

_________________________________________________

Pumpkin pancakes

pancakes

There are so many sweet recipes we can do with pumpkins! In this blog, we already have quite a few, and they’re all delicious: pumpkin fritters, pumpkin creme caramel and oreo and pumpkin cake. These pancakes are really simple, and pumpkin will not only give it an amazing flavour, but it will also make them super fluffy! Besides, with the spices will be using, they will get a very exotic and different flavour. Let’s go!

Ingredients:

– 275 gr pumpkin
– a pinch of ginger, nutmeg and cinnamon
– a pinch of salt
– 100 ml milk
– 100 gr flour
– 50 gr sugar
– 1 egg

Step by step preparation:

1. Peel the pumpkin, cut it in little squares and cook them in the microwave for around 10 minutes or until soft.

IMG_9649

2. Smash the pumpkin and make a purée.

pancakes

3. Add the rest of the ingredients and mix all well.

IMG_9652

4. In a pan with some oil or batter, spread the pancakes butter and let them cook at a low-mediumd temperature for around 3 minutes each side. And that’s it!

pancakes

To make these pancakes even better, add some syrup, honey, banana, red berries or nuts. I am sure that if you prepare these pumpkin pancakes in the very morning, you’ll have the best day ever 😉 Waste no time and prepare these super delicious pancakes! You won’t regret it! 😀

One Comment

  1. kukinhas nunca deixas de sorprenderme,agora tortiñas de cabaza.Eu tamén as teño,como o domingo teño invitados,vounos a sorprender con este postre .Moitas grazas por estas receitas tan boas ,aproveitando sempre os productos de tempada.Ole kukinhas!!!!!Moitas gazas……Unha aperta moi agarimosa.Isabel

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.