Galletas de nocilla / Nutella cookies

Galletas de nocilla

nutella cookies

Unhas deliciosas galletas con só tres ingredientes: Nocilla (ou nutella), 1 ovo e fariña! Así de sinxelo! 😀 E están boííísimaaaaaas!!! Con esta receita tan molona, non teredes que deixar nunca pasar ese antollo de galletas porque as poderedes facer nun plis! E a quen non lle gustan unhas galletas de chocolate? E se tendes o día ben larpeiro (coma min), podedes, ademais, botarlle uns lacasitos, máis anacos de chocolate, froitos secos…o que queirades! As galletas quedan ben crocantes, se sodes dos que vos gustan máis brandiñas, aquí tendes outra receita. Imos aló!

Ingredientes:

– 1 bote de nocilla
– 1 ovo
– 135 gramos de fariña
– para decorar: lacasitos de cores e de chocolate branco 😉

Preparación paso a paso:

1. Mesturamos a nocilla e mailo ovo ata que estea ben mesturado.

nutella cookies

2. Engadimos a fariña e amasamos.

nutella cookies

nutella cookies

3. Facemos boliñas, aplanámolas e poñémoslle os lacasitos.

nutella cookies

4. Enfornamos a 160ºC (con ventilador) durante uns 15 minutos.

nutella cookies

5. Deixamos que arrefríen sobre a grella e listo!

En 20 minutos, teremos unhas galletas desas das que nunca cansamos de comer e comer! De seguro que o monstro das galletas se faría seareiro número 1 delas 😉 E para mollar no leite ou para comer cun iogur son estupendas. Vaia, que o teñen todo. E ademais, sinxelas, rápidas e ben económicas 😀 Bo proveito!

_____________________________________________________

Nutella cookies

nutella cookies

These cookies are so tasty!!! And we just need 3 basic ingredientes: nutella, 1 egg and some flour! Simple, right? It’s so incredibly easy, you will always have cookies on hand 😀 And who will say no to some (or a lot) chocolate cookies? And if you feel even sweeter, you can add some chocolate chunks, nuts, M&Ms…whatever! These cookies are super crunchy, if you prefer them softer and with a brownie-like texture, you can try these ones.

Ingredients:

– 200 gr Nutella
– 1 egg
– 135 gr flour
– to decorate: lacasitos, white and colours 😉

Step by step preparation:

1. Mix Nutella and egg until well integrated.

nutella cookies

2. Add flour and mix.

nutella cookies

nutella cookies

3. Form little balls, smash them and put lacasitos on them!

nutella cookies

4. Bake at 160ºC/320ºF (with fan on) for 15 minutes.

nutella cookies

5. Allow to cool over a wire rack and that’s it!

In just 20 minutes, you’ll have around the quickes and tastiest cookies ever! I’m sure the cookie monster would become a number 1 fan of these cookies 😉 You should try them with some milk or with a yoghurt, yummy!!! So, as you can see, these cookies have it all, quick, simiple and cheap! Oh! And delicious, of course!!!

Enjoy!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *