Baba ganoush

Baba ganoush

Baba Ganoush

Devezo polas berenxenas! Encántanme de tódalas maneiras posibles, e por iso xa había tempo que tiña gana de probar a facer na casa o Baba Ganoush, un prato similar ao hummus, no que cambiamos os garavanzos polas berenxenas. Un prato moi saudábel, saboroso, rápido e sinxelo. O prato perfecto para petiscar ou para unha cea lixeira.

Ingredientes:

– 2 berenxenas ben xeitosas
– 1 cullerada de tahina (pasta de sésamo)
– sal
– 30 ml de zume de lima
– 1 cullerada de aceite de oliva
– para decorar: sésamo, perixel e aceite de oliva
– para acompañar: pan torrado

Preparación paso a paso:

1. Prequentamos o forno a 200ºC e enfornamos as berenxenas lavadas, con pel, e cortadas á metade.

Baba Ganoush

2. Cando estean douradiñas e brandas, sacámolas do forno e sacámoslle a polpa.

Baba Ganoush

3. Nun recipiente alto, poñemos o resto do ingredientes e maila carne da berenxena e batemos ata que estea todo ben mesturado. E listo!

Baba Ganoush

Xa vedes que é unha receita moi sinxela e o resultado é incrible! A receita máis tradicional emprega limón e non lima, mais o toque exótico que lle dá a lima quédalle de medo! A tahina é unha pasta de sésamo cun sabor bastante forte, polo que o máis recomendable é que a vaiades botando pouco a pouco e probando de cando en vez. Non perdades máis tempo e empregade esas berenxenas tan saborosas para facer este Baba Ganoush espectacular.

______________________________________________

Baba Ganoush

Baba Ganoush

Devezo polas berenxenas! Encántanme de tódalas maneiras posibles, e por iso xa había tempo que tiña gana de probar a facer na casa o Baba Ganoush, un prato similar ao hummus, no que cambiamos os garavanzos polas berenxenas. Un prato moi saudábel, saboroso, rápido e sinxelo. O prato perfecto para petiscar ou para unha cea lixeira.

Ingredients:

– 2 quite big aubergines
– 1 tbsp tahini
– salt
– 30 ml lime juice
– 1 tbsp olive oil
– to decorate: sesame seeds, olive oil and parsley
– some toasted bread

Step by step preparation:

1. Preheat oven at 200ºC/400ºF and bake aubergines, unpeeled, washed and cut in half.

Baba Ganoush

2. When soft and golden brown on top, take all the aubergine meat off.

Baba Ganoush

3. In a tall cup, put all the ingredients together with the aubergine meat and process until all well mixed and integrated. And that’s it!

Baba Ganoush

As you can see, this is one of the easiest recipes ever and the flavour is incredible! Although the traditional recipe uses lemon instead of lime, you should definitely try it with lime, that exotic touch will drive you crazy! Tahini is a sesame seeds paste with a quite strong flavour, so the best thing to do is to add it bit by bit while tasting it. Lose no more time and use those beautiful aubergines to prepare this amazing Baba Ganoush!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.