Croquetas de grelos / Turnip tops croquettes

Croquetas de grelos e queixo

croquetas de grelos

Esta receita é unha das mellores receitas de croquetas que fixen ata o de agora. Non sabedes o ben que casa o queixo de Bama cos grelos de Boqueixón 😀 Unha parella perfecta! Crocantes por fóra e suaves por dentro, o seu sabor é incrible!!! Non enredo máis e xa vos conto como facelas, que non hai tempo que perder!

Ingredientes:

– 350 gramos de grelos frescos da horta
– 25 gramos de queixo de Bama
– 3 chalotas ben picadiñas
– 1 vaso de leite
– 1/2 vaso de auga de cocer os grelos
– fariña e un chisco de aceite para a bechamel
– sal ao gusto
– fariña, ovo e pan relado para empanar

Preparación paso a paso:

1. Lavamos ben os grelos, picámolos e cocémolos cun chisco de aceite de oliva e sal ata que estean brandiños.

croquetas de grelos

croquetas de grelos

2. Por outra banda, fritimos as chalotas, engadimos a fariña e fritímola para que non dea moito sabor ás croquetas. E engadimos o leite e o caldo de cocer os grelos.

croquetas de grelos

3. Cando xa teñamos a bechamel no seu punto, engadimos o queixo.

croquetas de grelos

4. E os grelos.

croquetas de grelos

5. Cando a masa se despegue con facilidade da tixola, estará lista. Deixamos que arrefríe e despois cortámola en anaquiños e formamos boliñas.

croquetas de grelos

6. Pasamos cada boliña por fariña, ovo e pan relado, e a fritir! E listo!

Estas croquetas están saborosísimas!!! Con estes dous ingredientes tan da nosa terra, teñen que estar boas á forza, non si? O que máis me gusta é o seu intenso sabor a grelos e o suave toque do queixo de Bama. Bulide, que seguro que non vos ides arrepentir 😉

______________________________________

Turnip tops and cheese croquettes

croquetas de grelos

This is one of the best croquette recipes ever!!! The perfect match between Bama cheese and Boqueixon turnip tops is absolutely wonderful! The perfect couple! 😀 Crunchy on the outside and smooth on the inside, this flavourful croquettes will be one of your favourites, so wait no more and get ready to prepare them!

Ingredients:

– 350 gr fresh homegrown turnip tops
– 25 gr Bama cheese
– 3 finely chopped shallots
– 1 cup milk
– 1/2 cup of broth from boiling turnip tops
– some oil and flour for the white sauce
– salt to taste
– flour, egg and breadcrumbs for coating

Step by step preparatiom:

1. Wash turnip tops, chop them and boil with some olive oil and solt until cooked and soft.

croquetas de grelos

croquetas de grelos

2. On the other hand, fry shallots, add flour and cook it for a while. Add milk and broth from the turnip tops.

croquetas de grelos

3. When the white sauce is almost ready, add cheese.

croquetas de grelos

4. And the turnip tops.

croquetas de grelos

5. When the dough can be easily separated from the pan, this means it’s ready. Allow to cool and cut into pieces forming little balls.

croquetas de grelos

6. Coat each croquette in flour, egf and breadcrumbs and fry. And that’s it!

These croquettes are the best in the world! With these so Galician two ingredients, they have to be as delicous! For me, the best thing is that turnip tops give these croquettes a strong flavour, whereas cheese gives it a soft and smooth flavour and texture you are going to love. Waste no time and prepare these delicopious croquettes! You won’t regret it! 😉

2 thoughts on “Croquetas de grelos / Turnip tops croquettes

  1. Teño grelos de Boqueixón (hai quen dí que son os mellores),queixo de Bama(de alí era a miña mamá) ,e ,só me falta poñerme mans a obra.Grazas de novo kukinhas pola boas receitas que fas tendo en conta os productos da tempada;así saen máis baratas e pódese atopar todo.Grazas e un biquiño. Mandarei fotos.
    Isabel

    1. Por suposto! Os produtos de tempada e de proximidade sempre son os mellores, están no seu punto e axúdase ao comercio local! Todo vantaxes 😉 Abofé que si que os grelos de Boqueixón son os mellores. E co queixo de Bama, aínda máis! Grazas a ti polos teus comentarios e agardo que che gusten moito as croquetas. Tamén se poden facer como receita de aproveitamento cando nos sobran algúns grelos do cocido 😉 Biquiños!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *